A ver, non estamos rompendo ningún consenso, nin estamos rachando co
resultado de ningunha discusión xa finalizada, nin se discutiu como se
debería. E sobre todo en ningún sitio quedou fixado e con todas as
razóns que levaron a unha determinada escolla. Para isto se fixo o
Glósima, usádeo e a ver se en pouco tempo imos fixando os sangrantes.
Ademais exporta a TBX, mellor imposible. Veña, crea conta xa
http://termos.trasno.net/


A razón que me dera Mar sobre a escolla de "separador" e que é ese
elemento que se usa nas carpetas ou clasificadores para separar os
papeis. Non sei se esta é a razón real ou non, pero paréceme razoable
pensar que así foi.

Por certo, acabo de ver que "carpeta" ven no digalego como sinónimo de
directorio.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a