Tes razón, hai bastantes diferenzas terminolóxicas entre os dous
glosarios, pero o glosario do Cesga está validado polo Termigal,
contextualizouse para o seu uso na localización de aplicacións
informáticas, traballaron bastantes persoas lingüistas nel e sigue as
normas vixentes da RAG. 

A min trampouco me gusta xa que elixironse formas como *ble por *bel ou
*ción por *zón  (etc), pero é o que hai.





O Xov, 10-05-2007 ás 10:05 +0200, Dani Muñiz escribiu:
> Ola:
> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
> pode editar.
> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero 
> penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
> consensuados). :
> Por exemplo aprecio no de trasno:
> 
>   window
>   1. n.f. fiestra (recomendado)
>   2. n.f. xanela
>   3. n.f. ventá
> 
> e no de man común: optan por ventá
> 
> É un pequeno detalle e hai máis
> 
> Saudos
> 
> 
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > Ola a todos,
> > 
> > En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecno?óxicos 
> > inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
> > Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> > 
> > Un saúdo.
> > 
> > A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> > 
> > 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego


Responderlle a