Ben; así xa imos enterándonos todos/as das movidas. Tería sido moi útil
que estes acordos tiveran sido publicados na web de trasno, por que dise
xeito chegaríanlle a máis xente abrindo a posibilidade de participación
e non se quedarían únicamente no ámbito desa reunión.

Polo demais até onde eu chego a forxa está en andamento e o seu
lanzamento para a comunidade é inminente. De feito, a UDC acaba de
publicar a resolución do proceso de selección do personal que estará a
cargo do tema.

http://www.udc.es/documentos/actualidade/arquivo1825.pdf

En todo caso, penso que o máis interesante é o texto referido a
consensuar ese fluxo de traballo. Dende logo existe esta ferramenta que
é a lista; sería cuestión agora entón de consensuar o tal fluxo.

Hai algunha proposta ao respeito, algunha que fora descartada...? Na lista
dende logo non hai nada, ou eu non o atopo.

Saúdos,


mvillarino escrebeu:
> O Xoves, 11 de Xaneiro de 2007 22:10, suso.baleato en xunta.es escribiu:
> > [.....] pero non tiña constancia
> > de que existise proposta algunha, alén de facilitar unha canle de
> > comunicación para evitar desavinzas como as que provocaron a reunión. E
> > na lista de trasno entrei cando as xornadas do concello de compostela,
> > de xeito que nunca cheguei a recibir esa proposta da que falas e
> > tampouco está (ou eu non a atopei) na web de trasno.
> 
> De consultares os arquivos de trasno, terías lido o seguinte:
> «- Que entre os proxectos de futuro existe vontade de [.....]. Forneceranse 
> «recursos na rede mediante a creación dunha "forxa" para todos os grupos que 
> «participen na elaboración de distribucións, na tradución, no desenvolvemento 
> «de aplicacións, na elaboración de conferencias, coloquios ou seminarios, e, 
> «en xeral, nas asociacións actuais. 
> «
> «- Existe disposición de colaborar connosco para acadar a localización 
> «completa: atenderanse dentro do posíbel as nósas peticións (axuda técnica, 
> «elaboración de plugins, organización de seminarios de tradución, servidores, 
> «a futura forxa, un servicio ou persoa para revisión lingüistica para os 
> «tradutores ...). [.....]
> 
> Nota para non iniciados:
> >>Proposta concreta: consensuar un fluxo de traballo no proceso de tradución, 
> >>englobando desde a xerazón do ficheiro pot, até a obtención dun ficheiro po 
> >>coas cadeas visadas, que permita o traballo tanto con ferramentas offline 
> >>como web, que minimice os esforzos administrativo (isto é, que 
> >>(semi-)automatice cousas como a sincronización cos repositorios oficiais, 
> >>etc), e do mantenedor do ficheiro.
> 
> 
> > En calquera caso o que comentas parece unha boa idea. Creo que
> > resultaría útil que:
> >
> > 1. Enviar a esta lista esa proposta, se hai algo máis do que
> >    escrebeches arriba.
> 
> Non hai máis. Teño a miña ideia, pero é iso, só miña.
> 
> > 2. Sobre todo, contar cómo vai esa proposta. Houbo algún avanzo? Algún
> >    atranco?
> 
> De referíreste a 1., a anterior resposta responde a isto. De referíreste ao 
> falado na reunión, clama chicha.
> A seis/oito meses de kde4, e case meio ano despois, seguimos sen dispor dun 
> plugin de hunspell para a nosa plataforma de verificación ortográfica ( o 
> kspell2), o que nos deixa, como comentabamos precisamente onte xabi e máis 
> eu, nunha situación delicada, e traballosa para facer as correizóns precisas.
> Da forxa só sei que se abriu unha rolda como esta en mancomún, pero máis 
> nada. 
> Da asistencia para a revisión lingüística o único é que se nos informou 
> dunhas 
> ligazóns, en particular a termigal, pero eu vexo iso como insuficiente, 
> escepto talvez para revisar un glosario (non se pode pretender revisar 
> +120000 mensaxes, con unhas 800 000 palabras, consultando nunha web)
> E do resto pois iso, calma chicha.
> 
> -- 
> Best regards
> MV
> ><((((º> ?.·?¯`·... ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º>
> Public key available at www.keyserver.net
> GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE



Responderlle a