Eu que pensara que l10n-status xa morrera...
Informar que agora emprégase http://progress.gnome.org/teams/gl
para as estatísticas de Gnome.

Saúdos.

On 1/15/07, Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com> wrote:
>
> Pois si:
>
> http://www1.mandrivalinux.com/l10n/gl.php3
>
> e xa postos tamen das outras distribucións e programas soltos que
> traducimos algunha outra xente de Trasno, coma Abiword, Inkscape,
> poEdit, aMule, etc....
>
> Pero co que puxeches xa abonda para empezar a criticar :)
>
> Ata logo, Leandro Regueiro
>
>
> On 1/15/07, Xabi G. Feal <xabigf en gmx.net> wrote:
> > Teño problemas coa recepción das mensaxes, xa que deste fío só recibín
> esta. O
> > resto olleino na páxina de arquivos.
> >
> > Xa que seguides co asunto permítome poñer unha mensaxe que lle enviei a
> Suso
> > Baleato pensando que non vos apetecía tanto debate. Pero antes quero
> recalcar
> > dúas cousas que máis ou menos tamén digo na mensaxe.
> >
> > A primeira é que a Xunta ten dúas vías de facer política a prol do sw
> libre:
> > por pasiva e por activa. Por pasiva actuaría como centro de recursos
> > (soporte, loxísitica, medios materiais, receptora de propostas ... etc)
> e por
> > activa facendo política directa. Na reunión sempre se deixou claro que
> non
> > ían facer política activa porque non era o seu papel (por exemplo,
> traducir,
> > desenvolver ... ) e polo tanto iso era cousa da comunidade de
> voluntarios
> > e/ou das empresas privadas (isto é economía de traballo liberal, o
> estado non
> > se inmiscúe). Agora ben, coma sempre, a intervención sempre acaba
> ocorrendo
> > e, dun xeito ou doutro, faise política activa porque non hai as
> espectativas
> > que había ao principio de que as cousas se puideran erguer sen tutores
> > (véxase OpenOffice, Entrans ou Mozilla). Así que non me creo que non
> vaian a
> > facer máis cousas activamente.
> >
> > A segunda é que, haxa interlocución ou non entre Xunta-Voluntariado (é
> dicir,
> > haxa ou non a lista Ferramentas_e_Estratexias, perdoade a ironía) a
> moitos se
> > lles está esquecendo que Trasno non é só un grupo máis. É dicir, se a
> Xunta
> > quere localizar software libre ten que integrarse nos proxectos oficiais
> de
> > tradución, e se non quere localizar, pois que non se integre e deixe a
> festa
> > en paz. Porén, como só están facendo política activa nos lugares onde a
> > coordinación anda débil ou non existe (OpenOffice, Mozilla) non hai
> > posibilidade de interferencia co voluntariado. E entende un así por que
> > OpenOffice e Mozilla si, e por que KDE ou Gnome non.
> >
> > Para rematar paréceme que se dá moi mala imaxe (da Xunta) cando aínda
> por riba
> > de que estamos a traballar na tradución nós e a Xunta non, se nos diga
> que
> > non pode mos criticar sen propoñer ou que, para só criticar, deixemos de
> > facelo polos seus efectos negativos. Os que teñen que calar, segundo
> esta
> > hipótese da plausibilidade da crítica en función das propostas, é a
> Xunta.
> > Logo esta frase:
> >
> > "En resumo: que non tes nengunha proposta e que dende trasno non se fixo
> > nada ao respeito."
> >
> > simplemente, sobra. "Ao respeito" fíxose isto
> >
> > http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk/toplist.php
> >
> > e isto
> >
> > http://l10n-status.gnome.org/gnome-2.16/top.html
> >
> > e isto
> >
> > http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla
> >
> > ¿Esquézome de algo?
> >
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> >
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
>
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070115/5493b8d9/attachment.htm
 

Responderlle a