Teño problemas coa recepción das mensaxes, xa que deste fío só recibín esta. O 
resto olleino na páxina de arquivos.

Xa que seguides co asunto permítome poñer unha mensaxe que lle enviei a Suso 
Baleato pensando que non vos apetecía tanto debate. Pero antes quero recalcar 
dúas cousas que máis ou menos tamén digo na mensaxe.

A primeira é que a Xunta ten dúas vías de facer política a prol do sw libre: 
por pasiva e por activa. Por pasiva actuaría como centro de recursos 
(soporte, loxísitica, medios materiais, receptora de propostas ... etc) e por 
activa facendo política directa. Na reunión sempre se deixou claro que non 
ían facer política activa porque non era o seu papel (por exemplo, traducir, 
desenvolver ... ) e polo tanto iso era cousa da comunidade de voluntarios 
e/ou das empresas privadas (isto é economía de traballo liberal, o estado non 
se inmiscúe). Agora ben, coma sempre, a intervención sempre acaba ocorrendo 
e, dun xeito ou doutro, faise política activa porque non hai as espectativas 
que había ao principio de que as cousas se puideran erguer sen tutores 
(véxase OpenOffice, Entrans ou Mozilla). Así que non me creo que non vaian a 
facer máis cousas activamente.

A segunda é que, haxa interlocución ou non entre Xunta-Voluntariado (é dicir, 
haxa ou non a lista Ferramentas_e_Estratexias, perdoade a ironía) a moitos se 
lles está esquecendo que Trasno non é só un grupo máis. É dicir, se a Xunta 
quere localizar software libre ten que integrarse nos proxectos oficiais de 
tradución, e se non quere localizar, pois que non se integre e deixe a festa 
en paz. Porén, como só están facendo política activa nos lugares onde a 
coordinación anda débil ou non existe (OpenOffice, Mozilla) non hai 
posibilidade de interferencia co voluntariado. E entende un así por que 
OpenOffice e Mozilla si, e por que KDE ou Gnome non.

Para rematar paréceme que se dá moi mala imaxe (da Xunta) cando aínda por riba 
de que estamos a traballar na tradución nós e a Xunta non, se nos diga que 
non pode mos criticar sen propoñer ou que, para só criticar, deixemos de 
facelo polos seus efectos negativos. Os que teñen que calar, segundo esta 
hipótese da plausibilidade da crítica en función das propostas, é a Xunta. 
Logo esta frase:

"En resumo: que non tes nengunha proposta e que dende trasno non se fixo
nada ao respeito."

simplemente, sobra. "Ao respeito" fíxose isto

http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk/toplist.php

e isto

http://l10n-status.gnome.org/gnome-2.16/top.html

e isto

http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla

¿Esquézome de algo?


Responderlle a