E, sinceiramente, "vídeo transdescarga" resulta mais "cómodo" ao galego da rua 
que "fluxo de vídeo"? Não o vejo, pessoalmente, nem mais transparente, nem mais 
apetecível e me atreveria a dizer que nem viável.

No artigo de "streaming" da wikipedia portuguesa ( 
http://pt.wikipedia.org/wiki/Streaming ):
 << Streaming (fluxo, ou fluxo de mídia em português) é uma forma de distribuir 
informação multimídia numa rede através de pacotes. >> 
Na espanhola emprega-se "vídeo bajo demanda".

Sigo sem ver a necessidade de inventar novos termos.

Saúde.

----- Mensaje original -----
De: "Xusto Rodriguez Rio" <xusto.rodriguez en usc.es>
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en 
mancomun.org>
Enviados: Miércoles, 4 de Noviembre 2009 10:30:58 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín 
/ Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming



Ola, 

Como dicía Manuel, estes debates son importantes, especialmente cando -como é o 
caso- a forma inglesa aínda non se asentou de forma masiva entre o usuario 
medio. De aquí a tres anos, un debate coma este sería bastante máis 
irrelevante, xa que "streaming" sería unha forma imposible de suplantar na 
práctica. 

Volvendo ao concepto en cuestión, a "transmisión" pon o foco en quen emite e 
non en quen recibe, así que penso que non debería funcionar como sinónimo de 
"reprodución". Pero en calquera caso, o relevante é o que fagamos co que vén 
despois dese substantivo. Concordo con vós en que "sen descarga" non recolle 
todos os matices do concepto, pero é que dificilmente imos atopar unha forma 
galega breve que os recolla, así que teremos que optar pola que máis se achegue 
a ese ideal. 

E outra cousa que cómpre que teñamos en conta é o ámbito en que vai funcionar o 
concepto. Penso que se trata dunha forma que se vai estender entre todos os 
usuarios da informática e das redes tanto como o fixo "wi-fi" nestes últimos 
anos. Por iso, que o nome que escollades inclúa todas as reviravoltas de 
significado que ten o concepto paréceme menos transcendente ca outras cuestións 
como: 
- unha certa transparencia (que un usuario con poucos coñecementos informáticos 
poida intuír o significado do concepto a través do seu nome) 
- que teña flexibilidade para encaixar en distintos contextos de uso 

E nese sentido "fluxo de vídeo" presenta -ao meu entender- algúns problemas. 

E por último, visto que o "sen descarga" crea bastantes reticencias cabería a 
posibilidade de matizar máis a denominación intentando empregar un prefixo que 
indicase que a reprodución e a descarga son simultáneas. Pero resulta que non 
se me acorda outro que non sexa "sin-" ( 
http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=58559&buscado=SIN-&opcion=entrada
 ) e non me parece que "video sindescarga" sexa unha opción viable polas moitas 
confusións que podería crear. 

Outra posibilidade sería empregar "vídeo transdescarga", "audio transdescarga" 
ou "reprodución transdescarga" como unha forma de indicar que o ficheiro comeza 
a reproducirse 'atravesando' (e polo tanto simultaneamente a) o proceso de 
descarga. 

Sigamos pensando no conto. 

Xusto A. Rodríguez 
SNL da USC 



De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En 
nombre de Manuel Souto Pico 
Enviado el: martes, 03 de novembro de 2009 17:35 
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego 
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming 


Daniel, ninguén di que non haxa descarga, o que dicía o Xusto é que non é 
necesario esperar a que a descarga termine para empezar a reproducir o 
ficheiro. O complemento "sen descarga" sería, pois, un apócope de "sen descarga 
finalizada", pero si é certo que non é de todo claro. 


Unha pregunta para todos: cando se fala de transmisión, é sinónimo de 
reprodución (como se entende no termo "transmisión sen descarga") ou é (como 
entendía eu) sinónimo de descarga? 


Quero engadir que estes debates son moi moi importantes, porque o que se decide 
neles terá un reflexo no glosarios de termos da comunidade (podo chamarlle g11n 
á comunidade?), que son utilizados por e que sentan un precedente para todas as 
persoas que traballan en galeguización de software (e non só de software 
libre). Supoño que todos somos conscientes da importancia do que facemos aquí, 
pero non está de mais dicilo ;) 


Saúde, Manuel 



2009/11/2 Daniel Vázquez Rivera < dani en ousli.org > 


Que o usuário não o guarde num ficheiro (se não quer, que jeitos sempre há) não 
quer dizer que não exista a "descarga", que os dados não chegam por cousa de 
meigas. Não gosto do "sen descarga", não me parece real, especialmente se o que 
queremos é ser precisos. 

"Videofluxo" parece-me querer reinventar a roda por aforrar uma preposição de 
duas letras, e com todo o respeito não vejo a necessidade. Pero vamos, se 
queremos converter o galego numa língua parassintética é um bom começo :P 

Saúde. 

----- Mensaje original ----- 
De: "Xusto Rodriguez Rio" < xusto.rodriguez en usc.es > 

Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" < g11n en 
mancomun.org > 
Enviados: Lunes, 2 de Noviembre 2009 10:52:11 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena 



Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming 

Ola, 
Desde a miña ignorancia informática, véxolle dous problemas ao uso de 
VIDEOFLUXO (e AUDIOFLUXO, cando correspondese): 

1) Paréceme unha denominación pouco transparente para quen non saiba 
previamente que é un equivalente de "streaming". 

2) Crearíanos problemas á hora de intentar aplicar esa solución en contextos 
en que "streaming" se vén empregando de forma xenérica, sen concretalo con 
"audio" ou "video". Un exemplo: 
Nunha frase como 'O Streaming é unha ferramenta sumamente atractiva para 
calquera proxecto web' de que forma suplantariamos o anglicismo? O coherente 
sería 'O fluxo é unha ferramenta...', pero non parece moi aproveitable, 
salvo que o completásemos con algún elemento, como por exemplo 'A 
transmisión en fluxo é unha ferramenta...' 

Hai outras alternativas que calcan de forma máis ou menos directa o inglés 
"stream" que poden evitar este segundo problema: 
- FLUXO DE VÍDEO/AUDIO (xa comentado), que poderiamos xeneralizar como 
TRANSMISIÓN EN FLUXO. 
- TRANSMISIÓN EN SECUENCIA (recomendada no Glosario de Windows), que se 
podería concretar como VIDEOTRANSMISIÓN EN SECUENCIA ou AUDIOTRANSMISIÓN EN 
SECUENCIA. 

Pero en boa medida, a cuestión da falta de transparencia segue estando aí; e 
por riba vemos que son formas bastante máis longas ca o "streaming" 
orixinal. 

Por iso, déixovos para o debate unha outra alternativa: se o elemento 
central do concepto "streaming" é que os ficheiros poden comezar a 
reproducirse sen necesidade de completar previamente a súa descarga, sería 
posible construír o nome galego sobre esa realidade? 
Sería posible falar de VÍDEO/AUDIO SEN DESCARGA ou de VÍDEO/AUDIOTRANSMISIÓN 
SEN DESCARGA? E para o concepto xenérico, poderiamos optar por TRANSMISIÓN 
SEN DESCARGA. 

Esa mesma idea é a que se recomenda para catalán 
( http://www.termcat.cat/termgia/termnorm/fitxes/2/207881_36.html ) e 
portugués ( http://www.ciberduvidas.com/pergunta.php?id=18593 ), aínda que 
aquí se tome como referencia a denominación "en tempo real" (que sería outra 
posibilidade para valorar, claro). 

Xusto A. Rodríguez 
SNL da USC 


-----Mensaje original----- 
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto: g11n-bounces en mancomun.org ] En 
nombre 
de damufo 
Enviado el: sábado, 31 de outubro de 2009 18:46 
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego 
Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] video streaming 

Boas: 

Pois a min pareceme unha gran idea empregar "videofluxo", a ver se 
comezamos a ter unha lingua máis viva e deixarnos de andar usar 
definicións no canto de termos. 
Sabedes cal é a tradición do termo pantalán ao galegosegundo a rag? 
Pois: "embarcadoiro que se mete algo no mar", por favor!... se non temos 
termo para iso importemos/creemos un pero isto non é tradución senón un 
discurso... Imaxinade, "Ei! meu!, ves esa canoa que está no embarcadoiro 
que se mete algno no mar?" huas huas, dame a risa so pensalo. 


Leandro Regueiro escribiu: 
>>> Serei curioso... que problema apresenta "fluxo de vídeo" ? 
>> Eu emprego "fluxo de vídeo" 
> 
> Eu tamén ía dicir "fluxo de vídeo"... 
> _______________________________________________ 
> G11n mailing list 
> G11n en mancomun.org 
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n 
> 
_______________________________________________ 
G11n mailing list 
G11n en mancomun.org 
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n 

_______________________________________________ 
G11n mailing list 
G11n en mancomun.org 
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n 
_______________________________________________ 
G11n mailing list 
G11n en mancomun.org 
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n 


_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a