2009/11/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>: > 2009/11/4 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>: >> >> Seguindo coas reflexións sobre os límites da tradución propóñovos un >> novo caso de estudo. Trátase de wrapper (envoltorio). Non é tan >> transcendente como estes últimos porque non se ve que vaia saltar ao >> dominio de uso xeral pero ilustrará bastante ben como manexarmonos a >> hexemonía do inglés >> >> Agora o lado práctico. Como traducir esta simple cadea? >> >> msgid "AT SPI Registry Wrapper" >> >> pt. invólucro >> es. envolvente >> gl. envoltorio >> ca. embolcall >> it. wrapper >> de. wrapper >> >> Desde o meu punto de vista, si se deDesde o meu punto de vista, si se >> debería traducir e >> bería traducir e >> >> >> Permitídeme esta descrición: >> >> Utilízase metaforicamente no inglés informático para facer referencia a >> unha técnica (e ao seu produto, unha "clase") que permite empaquetar un >> anaco de código determinado mediante unha capa para que poida ser >> empregado nun aplicativo diferente a aquel para o foi pensado o dito >> anaco de código ou para facilitar outras necesidades como a >> securización. Hai moitos máis usos metafóricos e extendidos de wrapper, >> xa que en principio non era unha palabra técnica. > > Non sei se aquí contemplas as "wrapper classes" de, por exemplo, Java: > http://en.wikipedia.org/wiki/Primitive_wrapper_class > >> Algo máis de información seguindo o ronsel de solución en francés >> >> http://www.granddictionnaire.com/btml/fra/r_motclef/index1024_1.asp >> >> "On compte huit classes enveloppantes associées chacune à un type >> primitif de données. Ce sont Boolean, Byte, Character, Short, Integer, >> Long, Float et Double. Ces classes sont notamment disponibles dans un >> paquetage Java appelé /java.lang/ et sont importées par défaut. >> L'utilité de ces classes est qu'elles fournissent des méthodes >> facilitant les tâches de conversion. >> >> Le calque /classe wrapper/ peut aisément être remplacé par un équivalent >> français. >> Le terme /classe d'encapsulation/ est associé à la terminologie de Sun. " >> >> A definición para Microsoft sería >> >> wrapper >> >> Software that encases resources, appends code or other software for the >> purposes of improving user convenience, hardware or software >> compatibility, or enhanced security. For example, a software wrapper >> (often called a digital wrapper) is used to compress and encrypt fully >> usable software that is being sold over the Internet. It is also used to >> make EDI, a fairly old but still used electronic commerce standard, >> compatible with the current standards of the Internet. >> >> Si, toda esa metáfora nunha única palabra. >> >> Pode verse que en Gnome se traduce en todos os idiomas mentres que >> noutras terminoloxías coma a de Sun, non se fai. A procura en Iate >> (http://iate.europa.eu) por exemplo dá resultados inadecuados ao noso >> contexto informático pero tamén se aprecia que a adaptación depende >> moito do caso. >> >> Na terminoloxía de Microsoft non hai unha determinación clara en galego >> - envoltorio >> - contedor >> - axuste >> >> En portugués en moitos casos non o traducen: "wrapper de agregação", >> "Wrapper Gerenciado" mais outras, si "Pano de Embrulho" "Invólucro DDI" >> >> A miña opinión: >> >> Pode traducirse adaptando o uso da metáfora informática do inglés. Alén >> da forma léxica (anglicismo en -r como router ou láser que teñen difícil >> ou lenta adaptación en si mesmos), esa metáfora non nos pode ser >> descoñecida nin choca culturalmente polo que o usuario galego que se >> encontra con "envoltorio/embalaxe" nun contexto técnico da informática >> debe comprender a que se refire. >> >> En todo caso para min como tradutor a dúbida está en escoller entre >> envoltorio ou embalaxe, descartando empaquetado por estar asociado xa a >> outro sentido. >> >> Comprendo perfectamente que estes son os puntos de cruce entre a >> perspectiva pura dun tradutor e a súa función de naturalizar, adaptar e >> a perspectiva do profesional técnico. Creo que a inclinación da balanza >> só depende da "utilidade" da tradución ou non, da tolerancia dos >> falantes de galego aos anglicismos, da necesidade do uso da palabra ou >> non (sobre todo se hai que explicarlla a moita xente). A prudencia >> lingüística en galego lévanos aos tradutores á tradución, o seu uso >> estrito para técnicos lévanos antes ao mantemento do termo >> "globalizado". Por iso, ambas perspectivas deben estar abertas: >> >> a) wráper (=whisky, láser) >> b) embalaxe, envoltorio (=browser> navegador) >> >> Creo que a opción ideal sería e dar liberdade a quen traduce para >> escoller segundo o que crea máis acertado para a súa tradución concreta. >> >> Wrapper - Embalaxe, wráper > > O de wráper non sei nin por onde collelo. Preferiria envoltorio a > embalaxe, se é que non é incorrecto.
Ademais deixo isto aquí por se é de utilidade: http://www.trasno.net/lurker/search/20101130.230000.00000000 en sb:d%C3%BAbida,sb:wrapper.en.html Na última mensaxe aparece "encapsular" algo que se adoita escoitar moito.