Ola.

Creo que eu podo aportar un pouco de luz sobre este tema.

A guía de estilo que temos colgada na web de mancomún (e no wiki) 
elaborouse cando se fixeron as primeiras localizacións dende mancomún. 
En concreto elaborouna Reverso cando lles encargamos as primeiras 
traducións de Firefox e thunderbird. Esta guía baséase na guía de estilo 
elaborada por Xusto A. Rodríguez Río e Xosé Antón Rubal.

A intención era obter máis adiante un documento máis extenso no que se 
incluíra tamén unha descrición de como facer a selección e utilización 
de terminoloxía, fontes de referencia terminolóxica, información sobre 
erros máis frecuentes nas traducións ...

A cuestión é que por unhas cousas ou outras este proxecto nunca chegou a 
fin. :-(

Pode ser un dos temas a debater durante a xornada de traballo do domingo 
do G11n. Que vos parece?

> Manuel Souto Pico escribiu:
>   
>> Ola,
>>
>> Teño unha pregunta referente ao guía de estilo de mancomun.org 
>> <http://mancomun.org>. O que está aquí 
>> <http://wiki.mancomun.org/index.php/Gu%C3%ADa_de_estilo> seica é un 
>> resumo. Alguén sabe onde se pode acceder ao guía completo?
>>
>> Saúdos, Manuel
>>     
>
> Penso que na primeira liña da páxina que indicas tes a ligazón.
>
>
>   
>> ------------------------------------------------------------------------
>>
>> _______________________________________________
>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>>     
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
>   

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080429/fe0d2437/attachment.htm
 

Responderlle a