2008/4/29 Mar Castro <mmcastro en cesga.es>:
>
>  Ola.
>
>  Creo que eu podo aportar un pouco de luz sobre este tema.
>
>  A guía de estilo que temos colgada na web de mancomún (e no wiki)
> elaborouse cando se fixeron as primeiras localizacións dende mancomún. En
> concreto elaborouna Reverso cando lles encargamos as primeiras traducións de
> Firefox e thunderbird. Esta guía baséase na guía de estilo elaborada por
> Xusto A. Rodríguez Río e Xosé Antón Rubal.
>
>  A intención era obter máis adiante un documento máis extenso no que se
> incluíra tamén unha descrición de como facer a selección e utilización de
> terminoloxía, fontes de referencia terminolóxica, información sobre erros
> máis frecuentes nas traducións ...
>
>  A cuestión é que por unhas cousas ou outras este proxecto nunca chegou a
> fin. :-(
>
>  Pode ser un dos temas a debater durante a xornada de traballo do domingo do
> G11n. Que vos parece?

Pois pareceme que pode ser un tema a debater na g11n :)

Ata logo,
              Leandro Regueiro

Responderlle a