> Ao poder traballar con distintos tipos de formatos, se tes creada a
> memoria de tradución a partir da localización, podes utilizala para
> traducir a documentación o que che aforra bastante traballo.
> E loxicamente cantas máis memorias de tradución teñas, mellor.
> A memoria de tradución que hai colgada no proxecto gnome en Trasno
> http://www.trasno.net/trasno:memorias
> inclue os po de Gnome e Openoffice.org, aínda que tamén teño as memorias
> de Wordpress e Sugar (crm) por se alguén as quere (en canto teña tempo a
> ver se creamos un sitio para que se poidan descargar xa feitas).
> Polo que estiven vendo, o Keme é unha aplicación de contabilidade, polo
> que compartirá bastante vocabulario co Sugar.

Eu nisto das memorias de tradución xa me perdo. Hai moitos formatos
diferentes de memorias de tradución?

> Por poñer un exemplo, estiven a facer probas de tradución do Xfce4
> utilizando as memorias de Gnome, e os ressultados son máis que
> satisfactorios, chegando a 80% de tradución automática en algúns
> arquivos.

Vas traducir en serio o Xfce?? Non sei se hai xa alguén a elo, pero eu
estou coma o coordinador oficial ainda que non fago nada (falta de
tempo, espírito e esas cousas). Se alguén quere traducir que o
comunique, máis que nada por saber que hai alguén facéndoo. Por certo,
a tradución que había feita era bastante lamentable.

Pensando un pouco nelo, igual deberiamos poñernos un dia e facer unha
presentación (estou falando dun ficheiro, .odp p.ex.) entre todos para
que explicar ben o tema, e que despois a poida usar calquera para
explicar o tema.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a