O Xov, 27-12-2007 ás 14:20 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
> > Ao poder traballar con distintos tipos de formatos, se tes creada a
> > memoria de tradución a partir da localización, podes utilizala para
> > traducir a documentación o que che aforra bastante traballo.
> > E loxicamente cantas máis memorias de tradución teñas, mellor.
> > A memoria de tradución que hai colgada no proxecto gnome en Trasno
> > http://www.trasno.net/trasno:memorias
> > inclue os po de Gnome e Openoffice.org, aínda que tamén teño as memorias
> > de Wordpress e Sugar (crm) por se alguén as quere (en canto teña tempo a
> > ver se creamos un sitio para que se poidan descargar xa feitas).
> > Polo que estiven vendo, o Keme é unha aplicación de contabilidade, polo
> > que compartirá bastante vocabulario co Sugar.
> 
> Eu nisto das memorias de tradución xa me perdo. Hai moitos formatos
> diferentes de memorias de tradución?
Eu utilizo Xliff que é o formato que utiliza OpenLang... para:
http://docs.oasis-open.org/xliff/xliff-core/xliff-core.html
aínda que é unha puñeta cando xeras o ficheiro con outra aplicación e
sae algún problema por diferenzas de especificacións(perfectamente
salvabeis, pero ronchosas).
Para máis información dos formatos:
http://en.wikipedia.org/wiki/Translation_memory
> > Por poñer un exemplo, estiven a facer probas de tradución do Xfce4
> > utilizando as memorias de Gnome, e os ressultados son máis que
> > satisfactorios, chegando a 80% de tradución automática en algúns
> > arquivos.
> 
> Vas traducir en serio o Xfce?? Non sei se hai xa alguén a elo, pero eu
> estou coma o coordinador oficial ainda que non fago nada (falta de
> tempo, espírito e esas cousas). Se alguén quere traducir que o
> comunique, máis que nada por saber que hai alguén facéndoo. Por certo,
> a tradución que había feita era bastante lamentable.
Pois fixen as probas de uso das memorias e deixeino.
Non sei onde metín os ficheiros, pero non me leva moito tempo volver a
xerar os .po en galego.
Se tal fagoo e mandoos a trasno. Ao mellor así reactivase a tradución.
Eu agora non me podo comprometer a manter o Xfce4, até febreiro-marzo
estou bastanet liau, pero boto unha man por onde faga falta en plan
puntual-sen-exceso-de-compromiso.
> 
> Pensando un pouco nelo, igual deberiamos poñernos un dia e facer unha
> presentación (estou falando dun ficheiro, .odp p.ex.) entre todos para
> que explicar ben o tema, e que despois a poida usar calquera para
> explicar o tema.
> 
Pois si, porque a min tamén se me escapan cousas, e hai veces que non
hai tempo de investigar todo o que un quere.



Saúdos.
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> 


Responderlle a