O Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:18:52 Dani escribiu:
> Boas:
> 
> Busco tradución para deployment
> https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
> 
> A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> dicionario de galego sendo a tradución reformular.
> 
> 
> Algunha proposta?
> 
> implantación?
> 
> Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a
> tradución que propón o google?

Eu para «deploy» uso «despregar». Segundo o DRAG:
2. Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.

Como substantivo, inda que non consta no dicionario, uso «despregue». (o 
corrector si que mo admite, curiosamente).


«Implementar» non me parece correcto. Implementar un software significa que 
inda non existe e estalo creando. No caso de «deploy» o software xa existe, o 
que fas é dispoñelo para ser usado. (instalalo nas máquinas finais, 
configuralo, 
etc.). 


_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a