Boas

Dani

On 27/02/16 11:50, Antón Méixome wrote:


O 27 febreiro 2016 10:24, Dani <d...@damufo.com <mailto:d...@damufo.com>> escribiu:

    Boas:

    Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.

    http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1923661
    http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar

    vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou
    por algo parecido a deployment ou implementar opcións que non son
    válidas.
    Temos o portugués que opta por implantaçao

    sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle
    despregamento diría que a definición on acae tan ben como
    implantación que diría se aproxima máis ó concepto do que se está
    a tratar.

    Como o vedes?




Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas (implantes)

*
*
*O problema son os matices de significado porque implantar non significa "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués distingue entre introducir e facer funcionar.
*
O dicionario da RAG di algo máis que introducir tal como citas máis abaixo.
*
*
**
*
Pt
Implantar* significa /iniciar /alguma coisa, e *implementar* significa /pôr essa coisa em prática/ . Por exemplo, para que uma lei seja implementada, primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada, sancionada, para só então ser executada (implementada).


En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda implantar ao que parecen querer darlle ambos valores

implantar
verbo transitivo1Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva, empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable.Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír <http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=institu%C3%ADr&homonymNumber=>

En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra implementación é unha modernez : https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n Pero realmente en español a cousa non está nada clara: http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html

En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa frecuencia

https://www.google.es/search?client=ubuntu&channel=fs&q=despregamento&oq=despregamento&gs_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w


Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para deployment

Conclúo,
Inclínome máis por despregamento pero creo que ambas solucións son válidas.


Engadiría a definición de despregar que dá o RAG, para min (opinión subxectiva) moito menos próxima ó concepto que estamos a tratar, das tres a única que me parece que pode que acaia algo é a segunda:
/«2 figurado Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.»/

Que implantación (deployment) sexa a elección do portugués penso que tamén ten que ter algo de valor.

Logo está que despregamento non está recollido nin no dicionario da RAG nin no volga e implantación si.

Miña pregunta é, que adoitamos escoller/primar cando temos una opción que está no volga e dicionario da RAG respecto doutra opción similar que non o está, ten unha definición máis próxima (opinión subxectiva) e amais é escolla do portugués?




_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a