-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Manuel Souto Pico escribiu: > Ola, > > Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe > traducir /feed/ en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc., > non de impresoras nin de saltos de liña). > > Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece > que hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este > termo non aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de > Mancomún por que non se actualiza?). > > Polo que vexo, normalmente se traduce por /fonte/, aínda que tamén se > usa o anglicismo, /feed/, como masculino ("o feed"). > Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén > o cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e > pensar se será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre. > > Usar /fonte/, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa > claro a que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como > /feed/ (en galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do > contexto) supoño que irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa > cando no contexto hai outro termo que tamén se traduce por /fonte/ (como > /source/)? > > Un par de contextos (? = dúbida): > > // There is currently no feed source. > ?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds. > ??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes.
Neste momento non hai ningunha orixe de fontes. > > // You are destroying feed source. > ?Estás destruíndo a fonte do feed. > ??Estás destruíndo a fonte da fonte. Está destruíndo a orixe da fonte. Para consultas deste tipo podes ver http://en.gl.open-tran.eu/suggest/feed Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrWMEIACgkQmLtmJqKk+bgqDwCeMqp9H+XO4l8olNwukZ3Igm3o MX0AoICct/mnJ7YdpXNy7030Z0F9yumI =Ib1S -----END PGP SIGNATURE-----