Moitísimas grazas, Fran e Leandro, polas respostas tan prontas e céleres!

Vin que efectivamente 'data source' está maioritariamente traducido como
'fonte de datos'. Non o comprobei porque estaba convencido de que era 'orixe
de datos', supoño que por pensar que sería a mesma tradución que en Windows.
Talvez debería abrir outro fío para isto, pero en principio se non vai a
máis pregunto aquí: cal foi o criterio aplicado para escoller 'fonte de
datos' e non 'orixe de datos'? Ou foi unha escolla espontánea?

Interésanme moito os criterios que inciden nas decisións deste tipo.

Entón, Fran, o 'source' de 'data source' tradúcese por 'fonte' pero no meu
exemplo suxires traducir 'feed source' por 'orixe da fonte'. Non sei. Supoño
que é a mellor opción, o contexto así o esixe, aínda que pareza un pouco
arbitrario. Fica claro que feed é fonte, en todo caso.

Estou aproveitando para facer consultas antes de que nos pechen a lista :)
Cando tal acontecer, supoño que os arquivos desta lista ficarán a libre
dispor da comunidade en terreo neutral, no?

Apertas, Manuel


2009/10/14 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>

> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Manuel Souto Pico escribiu:
> > Ola,
> >
> > Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe
> > traducir /feed/ en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc.,
> > non de impresoras nin de saltos de liña).
> >
> > Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece
> > que hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este
> > termo non aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de
> > Mancomún por que non se actualiza?).
> >
> > Polo que vexo, normalmente se traduce por /fonte/, aínda que tamén se
> > usa o anglicismo, /feed/, como masculino ("o feed").
> > Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén
> > o cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e
> > pensar se será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre.
> >
> > Usar /fonte/, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa
> > claro a que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como
> > /feed/ (en galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do
> > contexto) supoño que irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa
> > cando no contexto hai outro termo que tamén se traduce por /fonte/ (como
> > /source/)?
> >
> > Un par de contextos (? = dúbida):
> >
> > // There is currently no feed source.
> > ?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds.
> > ??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes.
>
> Neste momento non hai ningunha orixe de fontes.
>

Algunha xa ves que sí había... en KDE, creo.


> >
> > // You are destroying feed source.
> > ?Estás destruíndo a fonte do feed.
> > ??Estás destruíndo a fonte da fonte.
>
> Está destruíndo a orixe da fonte.
>
> Para consultas deste tipo podes ver
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/feed
>
> Saúdos
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrWMEIACgkQmLtmJqKk+bgqDwCeMqp9H+XO4l8olNwukZ3Igm3o
> MX0AoICct/mnJ7YdpXNy7030Z0F9yumI
> =Ib1S
> -----END PGP SIGNATURE-----
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091014/62b3fa87/attachment.htm
 

Responderlle a