> Pode ter o seu interese considerar que é frecuente que a única maneira é > considerar o termo e non a palabra. De modo que, segundo o "concepto" do > que esteamos a tratar o equivalente pode/debe ser distinto. > > Segundo o glosario de localización de Mancomún (con valor documental ou > testemuñal, non prescritivo) > > "*feed*" > > "alimentación|fonte de novas|feed" > > Para o que discutimos aquí serían as dúas últimas opcións, en Mancomún > xeralmente óptase por fonte e non polo anglicismo, que considero > innecesario. > > Source > > "source buffer" > "búfer de orixe" > "source file" > "ficheiro de orixe|ficheiro orixinal" > "source files" > "ficheiros de código fonte" > "source package" > "paquete de código fonte" > "source name" > "nome da fonte|nome da orixe" > "source view" > "visualización da fonte"
Non esquezamos que a veces "source code" se abrevia en "source". > Curiosamente non aparece "data source" que engade Fran e que na miña > opinión, neste ámbito, pode ser orixe de datos, se queremos unha > expresión moi exacta. > > Ora ben lembrade que algo tan xenérico como "data source" ten > naturalmente uso noutros ámbitos como por exemplo o documentalista ou > bibliotecario, a investigación, ... onde claramente se opta por "fonte > de datos" (fontes de información) ata o punto de que unha fonte de datos > pode ser mesmo unha persoa física. Ata logo, Leandro Regueiro