Ola,
non miro o correo en dous días e xa me soltades todo isto.

A ver, para comezar penso que en vez de adaptarnos nós ao que fan os
desenvolvedores, que a veces non son moi conscientes do que fai falta,
é mellor dicirlles claramente que é o que nos fai falta, para que
fagan algo que lles sexa útil a milleiros de tradutores. A min o de
usar ntig para a tradución de SL parécemevos algo innecesario, por
exemplo, e non sei se nunha proba que se fixera con axuda de Marce
conseguiramos que o Lokalize tragara un ficheiro que só tiña tig.

Se lles fan falta exemplos de TBX (incluíndo o de Mancomún):
http://ghicho.iespana.es/ E non vexo problemas en enviarlles o que hai
na forxa, no cal a xente de Tagen Ata (se non lembro mal) realizou un
gran traballo, aínda que evidentemente é mellorable.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a