Boas. Teño unha moi boa nova.
Esta semana púxenme en contacto con Manuel Grueiro, que constaba como propietario de galician.mozdev e deume permisos para administrar o sitio e a rolda. Tamén avisou a xente de mozdev para que lle diran permisos ao meu usuario (xa que agora teño permisos a través do seu usuario, o cal non teño pensado empregar ata ver que fan os de mozdev, se me dan permisos ou se poñen en contacto comigo). Pero si que puido darlle permisos ao meu usuario para administrar a rolda igual que tiña e segue tendo Suso Baleato. Hoxe chegou unha petición de subscrición a lista e querÃa saber se existÃa algún procedemento para comunicarllo ao interesado ou se simplemente o acepto e lle damos a benvida a lista. Urxe unha resposta para deixar resolto esto se pode ser hoxe a noite. Saúdos.
