Ola.

Eu non sei quen se encargaba disto, imaxínome que Manuel Grueiro ou
Suso Baletato.

A rolda ten regras para a subscrición, e son as seguintes:

Confirmación
Precisa a aprobación
Confirmación e aprobación

Agora está configurado coa opción: Confirmación e aprobación

Eu non sei quen fixo isto nin porque. Hoxe intentouse subscribir unha
persoa e chegoume a mensaxe par aprobala. Se se aproban sen máis, non
ten sentido moito o da aprobación salvo polo spam, pero creo que se
soluciona co de confirmación, pero non son un experto. Xa o dixen non
seu momento, chegado o momento e que esto estea máis organizado,
teremos que mirar se hai voluntarios para levar o sitio e a rolda.
Pero bueno. Agora temos que saír do paso con isto.

Eu opto por aprobalo, o correo non parece spam e debe ser de alguén
que quere colaborar, pero non quería facer nada sen avisar. Tamén se
me pasou pola cabeza mandar un correo aos contactos e mirar quen quere
seguir na rolda e quen non. Hoxe fedellando na rolda, na parte de
administración creo que hai xente que ten dous correos rexistrados
para a mesma persoa e dame que hai outros sospeitosos debido ao seu
dominio. Pero podería ser un bo momento para ordenar todo e saber que
rol quere ocupar a xente que está subscrito na rolda para saber coa
xente que contamos e que dispoñibilidade poden prestar para a
tradución dos produtos de mozilla (que vai dende atopar erros, suxerir
traducións, encargarse de traducir páxinas completas, ...).

Un saúdo.

2010/6/10 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
> Non entendo moi ben a pregunta.
> Por min aceptase e dáselle a benvida.
>
>
> En 2010/06/10 21:28, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>
>> Boas.
>>
>> Teño unha moi boa nova.
>>
>> Esta semana púxenme en contacto con Manuel Grueiro, que constaba como
>> propietario de galician.mozdev e deume permisos para administrar o
>> sitio e a rolda. Tamén avisou a xente de mozdev para que lle diran
>> permisos ao meu usuario (xa que agora teño permisos a través do seu
>> usuario, o cal non teño pensado empregar ata ver que fan os de mozdev,
>> se me dan permisos ou se poñen en contacto comigo).
>>
>> Pero si que puido darlle permisos ao meu usuario para administrar a
>> rolda igual que tiña e segue tendo Suso Baleato.
>>
>> Hoxe chegou unha petición de subscrición a lista e quería saber se
>> existía algún procedemento para comunicarllo ao interesado ou se
>> simplemente o acepto e lle damos a benvida a lista.
>>
>> Urxe unha resposta para deixar resolto esto se pode ser hoxe a noite.
>>
>> Saúdos.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a