Páxinas doutras comunidades para coller ideas:

http://www.mozilla-hispano.org/
http://mozilla.pt/
http://www.mozillabrasil.org/
http://www.frenchmozilla.fr/
http://www.mozillaitalia.org/
http://mozilla.ro/
http://mozilladanmark.dk/
http://mozilla.fsf.hu/
http://mozillapl.org/
http://bgzilla.org/
http://mozilla.si/
http://mozilla-srbija.org/
http://www.mozilla.ba/

As comunidades europeas de Mozilla están centralizadas neste blogue:
http://blogs.mozilla-europe.org/

2011/7/18 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> O de Mozdev non tira, así que a opción máis a man que temos é tirar de 
> Trasno.
>
> Dámoslle para diante a http://mozilla.trasno.net/ ?
>
> Voluntarios? Segue en pé o do amigo deseñador de Keko?
>
> É o verán un bo momento para facer isto? :D
>
> Un saúdo,
> ifrit
>
> 2011/4/8 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>> Boas.
>>
>> Como comenta Antón, a cousa non pinta nada ben en mozdev.org. A min
>> non me contestan, nin sequera me falaron na canle do IRC.
>>
>> Vos diredes, pero eu como coordinador, non me vexo capacitado para
>> meter man en galician.mozdev.org. Non teño tempo para mirar código e
>> picar novas a pelo. O voluntario que se presente, terá que solicitar
>> unha conta e levar el todo o traballo.
>>
>> A alternativa, sería o uso de Drupal desde o sitio de Trasno, que nos
>> aforraría ter que pagar para montalo nos ou empregar un sitio
>> gratuíto. Eu comprométome a actualizar o Drupal que nos pode ceder
>> Trasno e ata falar cun amigo deseñador para que nos faga un modelo
>> chulo para a páxina. Se temos un Drupal, máis xente podería pór novas
>> e axudar coa xestión do sitio.
>>
>> Con respecto a rolda, polo de agora seguiría empregando a de
>> galician.mozdev.org, pero habería que ver de facer un backup do que
>> hai ahí e ter preparada unha alternativa, por se calquera día deixa de
>> funcionar.
>>
>> O dito. Votos para un novo sitio en Trasno. Ou voluntarios para
>> comezar a xestionar a solicitude dunha conta en galician.mozdev.org e
>> despois pelexarse co código directamente.
>>
>> Córrenos presa, como xa sabedes non temos un sitio visíbel para darlle
>> pulo ao proxecto.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> 2011/4/7 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
>>> 2011/4/7 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
>>>> eu penso como o resto que unha páxina soa chega, pero creo que sería 
>>>> mellor
>>>> mantela co dominio mozdev.org e non co do trasno.net
>>>>
>>>> O de mozdev.org, dalle oficialidade e independencia, como di ifrit  non 
>>>> ten
>>>> nada de malo o dominio do trasno, pero creo que se temos o de mozdev mellor
>>>> usar ese.
>>>
>>> Sen ánimo de nada, a verdade, pero parece que esquecedes o que Enrique
>>> comentou ao principio do fío.
>>>
>>> Mozdev.org non é Mozilla (http://www.mozdev.org/about.html)
>>>
>>> Polo contrario, desde o 2009 a cousa debeu perder o rumbo totalmente.
>>>
>>> "After much debate, it was decided that there was no longer a need for
>>> a non-profit to support the community and that future decisions should
>>> be left up to community members who use the site's services.
>>> In 2010, our main priority is to wind-down the non-profit Mozdev
>>> Community Organization and hand back the site to the community. Our
>>> hope is that the site will
>>> continue to stay running and flourish with this new structure.
>>>
>>> Cun remanente de $24.000, a infraestrutura e dominios poden tirar uns
>>> anos (xa van alá 2) pero se non hai xente a cargo ou como di Enrique,
>>> non dan sinais de vida, non vexo como podemos confiar no futuro do
>>> sitio e menos en obter apoio para un drupal ou semellante. O de menos
>>> é o nome de dominio. Por independencia tamén esta comunidade pode
>>> adquirir e xestionar un dominio propio e aboar un hosting.
>>>
>>> Por certo, Trasno é un proxecto en si mesmo e non xestiona ningún
>>> proxecto de localización (nin Gnome, Ubuntu, OOo.org, LibreOffice,
>>> etc.). Tampouco xestionará Mozilla. Eu estaría en contra diso.
>>> Limítase a dar apoio e acubillo aos voluntarios das distintas
>>> comunidades. As actividades de Trasno, incluso como asociación, son
>>> outras.
>>>
>>> O que quero dicir é que un hipotético mozilla.trasno.net é só un
>>> instrumento, como se fose mozilla.wordpress.com ou
>>> mozilla.blogspot.com. Algo máis acaído ca estes en todo caso, e
>>> ademais, moi importante para o caso, co control garantido para esta
>>> comunidade galega de mozilla.
>>>
>>> Para a Mozilla a oficialidade é só a súa e logo a persoal que queiran
>>> darlle a cada colaborador, a título persoal. A oficialidade da
>>> comunidade galega xa é a que nos nos queiramos dar pero non perdamos o
>>> fío do tema.
>>>
>>> Permítome facer unha pregunta directa, na que me inclúo: Hai alguén
>>> voluntario para xestionar a actualización que vexa as garantías
>>> suficientes en mozdev.org?
>>>
>>> "Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
>>> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
>>> a  actualización do sitio e o mantemento futuro."
>>>
>>> A miña opinión final é que o ideal sería poder obter un
>>> redireccionamento do dominio, de modo que http://galician.mozdev.org/
>>> cargase un sitio xestioando nun servidor que poida controlar a
>>> comunidade mozilla galega. Esa posibilidade darianola a infraestrutura
>>> de Trasno. Se non é posible este ideal, creo que non, entón
>>> mozilla.trasno.net paréceme a mellor opción, deixando un aviso sobre
>>> galician.mozdev.org. En último lugar estaría o dominio e/ou aloxamento
>>> propio. De todas todas, ten que haber xente que o xestione e será
>>> xente que debe optar. Entendo que Enrique se animaría a manter un
>>> drupal con novidades e tal, ou as páxinas correspondentes en Trasno. E
>>> a lista de coordinación tal cal como agora pero se pode ser con alguén
>>> novo xestionándo á par de Enrique.
>>>
>>> Digo isto e tamén digo que, lamentablemente, eu non podo asumir
>>> ningunha tarefa neste sentido.
>>>
>>> Antón Méixome
>>>
>>>
>>>
>>>>
>>>> Saúdos.
>>>>
>>>> David
>>>>
>>>> 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>>>>
>>>>> Boas.
>>>>>
>>>>> A idea é meter unha redirección desde o outro lado. Para a xente
>>>>> debería ser transparente.
>>>>>
>>>>> Eu dicía o de varios subdominios polo da facilidade. Aínda que todos
>>>>> leven ao mesmo sitio. A xente soe buscar así, firefox, navegador, ...
>>>>> e así chegaban mellor, ou polo directamente no navegador.
>>>>>
>>>>> Vexo que a xente non opina. Como xa se fixo noutras ocasións, o
>>>>> silencio entenderase como que estades dacordo.
>>>>>
>>>>> Saúdos.
>>>>>
>>>>> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>>>> >
>>>>> >
>>>>> > 2011/4/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>>> >>
>>>>> >> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>>>> >> > A páxina en mozdev.org o único que ten de bo é que está nun 
>>>>> >> > dominio
>>>>> >> > de
>>>>> >> > Mozilla, cousa que dá como unha certa "oficialidade" ó proxecto.
>>>>> >> > Habería
>>>>> >> > que
>>>>> >> > mirar o que fan outras comunidades (creo que ninguén usa mozdev...)
>>>>> >> > A opción de trasno.net semella a máis sinxela, cómoda e a man que
>>>>> >> > temos.
>>>>> >> > Pero o problema que ten é que levaría "trasno" no enderezo. Vale 
>>>>> >> > que
>>>>> >> > tanto o
>>>>> >> > coordinador como máis da metade dos membros activos da comunidaden
>>>>> >> > son
>>>>> >> > trasneiros, pero non sei ata que punto ese nivel de identificación 
>>>>> >> > é
>>>>> >> > recomendábel. Habería que discutilo un pouco más ;)
>>>>> >> > Apuntádeme como voluntario para actualiación do sitio.
>>>>> >>
>>>>> >> Home tampouco será tan grave que se identifique ao proxecto de
>>>>> >> localización dos produtos de Mozilla con Trasno, estean varios dos
>>>>> >> colaboradores metidos no Proxecto Trasno ou non, digo eu :)
>>>>> >>
>>>>> >> Nin que o proxecto Trasno fora unha secta de devoradores de gatiños.
>>>>> >
>>>>> > Non digo que sexa nada malo nin moito menos ;) e máis coñecendo todo o
>>>>> > que
>>>>> > se leva feito e se fai dende a asociación. Simplemente é unha 
>>>>> > reflexión
>>>>> > sobre independencia.
>>>>> >>
>>>>> >> _______________________________________________
>>>>> >> Galician mailing list
>>>>> >> Galician en mozdev.org
>>>>> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>> >
>>>>> >
>>>>> >
>>>>> > --
>>>>> > ====================
>>>>> > http://about.me/ifrit
>>>>> > ====================
>>>>> >
>>>>> > _______________________________________________
>>>>> > Galician mailing list
>>>>> > Galician en mozdev.org
>>>>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>> >
>>>>> >
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>>>
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
>>> Galician community OOo.org & LibO
>>> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================

Responderlle a