O de Mozdev non tira, así que a opción máis a man que temos é tirar de 
Trasno.

Dámoslle para diante a http://mozilla.trasno.net/ ?

Voluntarios? Segue en pé o do amigo deseñador de Keko?

É o verán un bo momento para facer isto? :D

Un saúdo,
ifrit

2011/4/8 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Boas.
>
> Como comenta Antón, a cousa non pinta nada ben en mozdev.org. A min
> non me contestan, nin sequera me falaron na canle do IRC.
>
> Vos diredes, pero eu como coordinador, non me vexo capacitado para
> meter man en galician.mozdev.org. Non teño tempo para mirar código e
> picar novas a pelo. O voluntario que se presente, terá que solicitar
> unha conta e levar el todo o traballo.
>
> A alternativa, sería o uso de Drupal desde o sitio de Trasno, que nos
> aforraría ter que pagar para montalo nos ou empregar un sitio
> gratuíto. Eu comprométome a actualizar o Drupal que nos pode ceder
> Trasno e ata falar cun amigo deseñador para que nos faga un modelo
> chulo para a páxina. Se temos un Drupal, máis xente podería pór novas
> e axudar coa xestión do sitio.
>
> Con respecto a rolda, polo de agora seguiría empregando a de
> galician.mozdev.org, pero habería que ver de facer un backup do que
> hai ahí e ter preparada unha alternativa, por se calquera día deixa de
> funcionar.
>
> O dito. Votos para un novo sitio en Trasno. Ou voluntarios para
> comezar a xestionar a solicitude dunha conta en galician.mozdev.org e
> despois pelexarse co código directamente.
>
> Córrenos presa, como xa sabedes non temos un sitio visíbel para darlle
> pulo ao proxecto.
>
> Un saúdo.
>
> 2011/4/7 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
>> 2011/4/7 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
>>> eu penso como o resto que unha páxina soa chega, pero creo que sería 
>>> mellor
>>> mantela co dominio mozdev.org e non co do trasno.net
>>>
>>> O de mozdev.org, dalle oficialidade e independencia, como di ifrit  non ten
>>> nada de malo o dominio do trasno, pero creo que se temos o de mozdev mellor
>>> usar ese.
>>
>> Sen ánimo de nada, a verdade, pero parece que esquecedes o que Enrique
>> comentou ao principio do fío.
>>
>> Mozdev.org non é Mozilla (http://www.mozdev.org/about.html)
>>
>> Polo contrario, desde o 2009 a cousa debeu perder o rumbo totalmente.
>>
>> "After much debate, it was decided that there was no longer a need for
>> a non-profit to support the community and that future decisions should
>> be left up to community members who use the site's services.
>> In 2010, our main priority is to wind-down the non-profit Mozdev
>> Community Organization and hand back the site to the community. Our
>> hope is that the site will
>> continue to stay running and flourish with this new structure.
>>
>> Cun remanente de $24.000, a infraestrutura e dominios poden tirar uns
>> anos (xa van alá 2) pero se non hai xente a cargo ou como di Enrique,
>> non dan sinais de vida, non vexo como podemos confiar no futuro do
>> sitio e menos en obter apoio para un drupal ou semellante. O de menos
>> é o nome de dominio. Por independencia tamén esta comunidade pode
>> adquirir e xestionar un dominio propio e aboar un hosting.
>>
>> Por certo, Trasno é un proxecto en si mesmo e non xestiona ningún
>> proxecto de localización (nin Gnome, Ubuntu, OOo.org, LibreOffice,
>> etc.). Tampouco xestionará Mozilla. Eu estaría en contra diso.
>> Limítase a dar apoio e acubillo aos voluntarios das distintas
>> comunidades. As actividades de Trasno, incluso como asociación, son
>> outras.
>>
>> O que quero dicir é que un hipotético mozilla.trasno.net é só un
>> instrumento, como se fose mozilla.wordpress.com ou
>> mozilla.blogspot.com. Algo máis acaído ca estes en todo caso, e
>> ademais, moi importante para o caso, co control garantido para esta
>> comunidade galega de mozilla.
>>
>> Para a Mozilla a oficialidade é só a súa e logo a persoal que queiran
>> darlle a cada colaborador, a título persoal. A oficialidade da
>> comunidade galega xa é a que nos nos queiramos dar pero non perdamos o
>> fío do tema.
>>
>> Permítome facer unha pregunta directa, na que me inclúo: Hai alguén
>> voluntario para xestionar a actualización que vexa as garantías
>> suficientes en mozdev.org?
>>
>> "Ou voluntarios para xestionar todo o relacionado con
>> galician.mozdev.org. Terán que xestionar todo. A creación dunha conta,
>> a  actualización do sitio e o mantemento futuro."
>>
>> A miña opinión final é que o ideal sería poder obter un
>> redireccionamento do dominio, de modo que http://galician.mozdev.org/
>> cargase un sitio xestioando nun servidor que poida controlar a
>> comunidade mozilla galega. Esa posibilidade darianola a infraestrutura
>> de Trasno. Se non é posible este ideal, creo que non, entón
>> mozilla.trasno.net paréceme a mellor opción, deixando un aviso sobre
>> galician.mozdev.org. En último lugar estaría o dominio e/ou aloxamento
>> propio. De todas todas, ten que haber xente que o xestione e será
>> xente que debe optar. Entendo que Enrique se animaría a manter un
>> drupal con novidades e tal, ou as páxinas correspondentes en Trasno. E
>> a lista de coordinación tal cal como agora pero se pode ser con alguén
>> novo xestionándo á par de Enrique.
>>
>> Digo isto e tamén digo que, lamentablemente, eu non podo asumir
>> ningunha tarefa neste sentido.
>>
>> Antón Méixome
>>
>>
>>
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>> David
>>>
>>> 2011/4/6 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>>>
>>>> Boas.
>>>>
>>>> A idea é meter unha redirección desde o outro lado. Para a xente
>>>> debería ser transparente.
>>>>
>>>> Eu dicía o de varios subdominios polo da facilidade. Aínda que todos
>>>> leven ao mesmo sitio. A xente soe buscar así, firefox, navegador, ...
>>>> e así chegaban mellor, ou polo directamente no navegador.
>>>>
>>>> Vexo que a xente non opina. Como xa se fixo noutras ocasións, o
>>>> silencio entenderase como que estades dacordo.
>>>>
>>>> Saúdos.
>>>>
>>>> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>>> >
>>>> >
>>>> > 2011/4/6 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>> >>
>>>> >> 2011/4/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>>> >> > A páxina en mozdev.org o único que ten de bo é que está nun 
>>>> >> > dominio
>>>> >> > de
>>>> >> > Mozilla, cousa que dá como unha certa "oficialidade" ó proxecto.
>>>> >> > Habería
>>>> >> > que
>>>> >> > mirar o que fan outras comunidades (creo que ninguén usa mozdev...)
>>>> >> > A opción de trasno.net semella a máis sinxela, cómoda e a man que
>>>> >> > temos.
>>>> >> > Pero o problema que ten é que levaría "trasno" no enderezo. Vale que
>>>> >> > tanto o
>>>> >> > coordinador como máis da metade dos membros activos da comunidaden
>>>> >> > son
>>>> >> > trasneiros, pero non sei ata que punto ese nivel de identificación é
>>>> >> > recomendábel. Habería que discutilo un pouco más ;)
>>>> >> > Apuntádeme como voluntario para actualiación do sitio.
>>>> >>
>>>> >> Home tampouco será tan grave que se identifique ao proxecto de
>>>> >> localización dos produtos de Mozilla con Trasno, estean varios dos
>>>> >> colaboradores metidos no Proxecto Trasno ou non, digo eu :)
>>>> >>
>>>> >> Nin que o proxecto Trasno fora unha secta de devoradores de gatiños.
>>>> >
>>>> > Non digo que sexa nada malo nin moito menos ;) e máis coñecendo todo o
>>>> > que
>>>> > se leva feito e se fai dende a asociación. Simplemente é unha 
>>>> > reflexión
>>>> > sobre independencia.
>>>> >>
>>>> >> _______________________________________________
>>>> >> Galician mailing list
>>>> >> Galician en mozdev.org
>>>> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>> >
>>>> >
>>>> >
>>>> > --
>>>> > ====================
>>>> > http://about.me/ifrit
>>>> > ====================
>>>> >
>>>> > _______________________________________________
>>>> > Galician mailing list
>>>> > Galician en mozdev.org
>>>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>> >
>>>> >
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
>> Galician community OOo.org & LibO
>> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================

Responderlle a