-------- Mensaxe orixinal --------
- o máis cómodo para axudar cos aspectos léxicos é comentalos pola lista xeral
con esa etiqueta. Logo, os que estamos no desenvolvemento imos metendo
novidades no Github. A idea é procurar non dispersar a "conversa relevante" que
queremos mantela na lista de
Trasno.
1) Cando alguén me pregunta "Mira, como é que non está esta palabra?" penso no
útil que sería poderlle dicir "Vai a esta páxina e suxire que a incorporen".
Non estaría ben ofrecer un formulario así nalgunha páxina de trasno.gal?
Por certo, alguén sabe de que vai
isto:
https://github.com/elastic/hunspell/tree/master/dicts/gl
2) O inglés dese texto non está moi aquelado.
3) Que hai da corrección gramatical e dos sinónimos?
Xosé
O 18:09 do 14 de marzo de 2018, Xosé
<[email protected]>
escribiu:
Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se cabe: Se
nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de contas
estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me sinalase como
erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte parece que no
software libre nada é de calidade e, por outra parte, desprestixia o galego,
porque non parece un
idioma "tecnolóxico" ao carecer de ferramentas fiábeis deste
tipo.
A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O certo é que
se están a incorporar termos continuamente, sen que necesariamente se lles dea
tanta publicidade. O problema é que penso que carecemos dun mecanismo para ilos
incorporando
nós.
Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome eu xa
agora e, seguro que
máis
persoas.
Xosé
O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón
Méixome
<[email protected]>
escribiu:
Parada,
Xosé
Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha idea
que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo que non
chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En fin, hai 5
anos
diso...
incrible.
De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar aquelas
dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese levar como se
queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle pareza, e calquera
pode contribuír porque
esta
en
GitHub
Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada cada ano e
producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como sospeitoso de obsoleto,
que
non
o
é.
Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e
necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as palabras
prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer, antepoñer, etc.)
Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra, cando menos dos cento e
pico prefixos máis habituais. Hunspell
non
os
recoñecía.
pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao
galego
e
facelo...
O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa metidos.
Desde logo non son novidade nas nosas
traducións
de
software.
Antón
2018-03-13 23:54
GMT+01:00
Xosé
<[email protected]>:
http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/
Como vai a actualización dos dicionarios
para
os
correctores?
Xosé
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL:
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL:
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL:
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=1da5a1d27fd385cab27c6c925e4f492003e6824d&sa=1778897367
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL:
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1112&h=12c0e9a841ed3d364303307582d9489b569aa7bf&sa=525370290
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL :
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1118&h=2c186cb3eb6e574cefef704e1164b8bdf7a99be5&sa=211752795