O 16:39 do 15 de marzo de 2018, xosecalvo <[email protected]> escribiu:

>
>
>
>
>
> -------- Mensaxe orixinal --------
>
> - o máis cómodo para axudar cos aspectos léxicos é comentalos pola lista
> xeral con esa etiqueta. Logo, os que estamos no desenvolvemento imos
> metendo novidades no Github. A idea é procurar non dispersar a "conversa
> relevante" que queremos mantela na lista de Trasno.
>
>
> 1) Cando alguén me pregunta "Mira, como é que non está esta palabra?"
> penso no útil que sería poderlle dicir "Vai a esta páxina e suxire que a
> incorporen". Non estaría ben ofrecer un formulario así nalgunha páxina de
> trasno.gal?
>


Iso xa existe

http://trasno.gal/corrector-de-galego-hunspell/

E tamén isto

http://wiki.trasno.gal/Coordinaci%C3%B3n_do_desenvolvemento_do_corrector_Hunspell_de_galego

pero paréceme ben, vou integrar un formulario web para facer suxestións aí
mesmo, porque tamén o había no antigo blog de openoffice

http://trasno.gal/2013/10/11/contactar-cos-desenvolvedores/

E, ademais estaba o simple envío dun comentario na web, que agora temos
desactivado por minimizar carga de xestión do spam.

O que nós tiñamos que ter era algo como isto:
http://sli.uvigo.gal/corrector/
e engadir ao lado o formulario de suxestións; pero eu non son programador e
creo que non está ao meu alcance montalo.


Máis ben o que temos é que reconducir as cousas porque entendo o lío e
atender á evolución e do corrector. O dos correctores hunspell é unha
grande loucura: o de inglés faino un portugués, o de portugués principal un
brasileiro, o de español (cos seus 500 millóns de falantes e centos de
institucións lingüísticas e universidades, faino o traductor de
LibreOffice, que é o único tradutor, ademais, etc, etc)



>
>
> Por certo, alguén sabe de que vai isto:
>
>
> https://github.com/elastic/hunspell/tree/master/dicts/gl
>
>
> 2) O inglés dese texto non está moi aquelado.
>
> 3) Que hai da corrección gramatical e dos sinónimos?
>

O de sinónimos estábao facendo eu pero logo chegou a Xunta e pagoulle á
Uvigo para facer unha versión potente e deixeino, aproximadamente.

 <span>Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto
Simões (2014):                <i>Dicionario de sinónimos do
galego</i>. Vigo: Área de Normalización Lingüística, Universidade de
Vigo.</span>            <small>Versión 0.10_300714: 27.069 entradas,
44.810 acepcións, 202.689 sinónimos.</small>            <small>Edita a
Área de Normalización Lingüística da Universidade a través do Convenio
de Colaboración en materia de normalización lingüística entre a
Universidade de Vigo e a Consellería de Educación da Xunta de
Galicia.</small>            <small>Esta obra distribúese con <a
href="http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/";
target="_blank">Licenza Creative Commons Attribution 3.0</a></small>
         <small>Deseño e desenvolvemento web/app: <a
href="http://acuarelacomunicacion.wordpress.com/";
target="_blank">Acuarela Comunicación sll</a> / <a
href="http://www.ayco.net/"; target="_blank">Ayco Internet</a></small>
          <small>Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez
Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997):
<i>Diccionario de sinónimos da lingua galega</i>. Vigo: Galaxia.

Poderiamos recuperar o noso, si, porque dese non sei como extraer os datos
para integralo. Aí hai traballo para un hacker xeitoso.


O gramatical e de estilo, apenas o tiña comezado pero sobreveu unha guerra
de dúas tecnoloxías e parei ata ver con cal delas conviña seguir:

(con Java) https://community.languagetool.org/rule/list?lang=gl

e outra que estaba desenvolvendo Lazlo Nemeth, o mesmo de hunspell que
agora non atopo e que ía en C ou algo así
:-)




Antón


>
> Xosé
>
>
>
>
> O 18:09 do 14 de marzo de 2018, Xosé <[email protected]> escribiu:
>
>> Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se cabe:
>> Se nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de
>> contas estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me
>> sinalase como erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte
>> parece que no software libre nada é de calidade e, por outra parte,
>> desprestixia o galego, porque non parece un idioma "tecnolóxico" ao carecer
>> de ferramentas fiábeis deste tipo.
>>
>> A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O certo
>> é que se están a incorporar termos continuamente, sen que necesariamente se
>> lles dea tanta publicidade. O problema é que penso que carecemos dun
>> mecanismo para ilos incorporando nós.
>>
>> Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome
>> eu xa agora e, seguro que máis persoas.
>>
>> Xosé
>>
>> O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón Méixome <[email protected]>
>> escribiu:
>>
>>> Parada, Xosé
>>>
>>>
>>> Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha
>>> idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo
>>> que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En
>>> fin, hai 5 anos diso... incrible.
>>>
>>> De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar
>>> aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese
>>> levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle
>>> pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub
>>>
>>> Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada
>>> cada ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como
>>> sospeitoso de obsoleto, que non o é.
>>>
>>> Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e
>>> necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as
>>> palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer,
>>> antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra,
>>> cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os
>>> recoñecía.
>>>
>>> pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao
>>> galego e facelo...
>>>
>>> O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa
>>> metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software.
>>>
>>> Antón
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>:
>>>
>>>> http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/
>>>>
>>>> Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores?
>>>>
>>>> Xosé
>>>>
>>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
>>>> [email protected]
>>>>  - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto 
>>>> Trasno
>>>> - Desubscribirse  no URL: 
>>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403
>>>>
>>>>
>>>
>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
>>>  - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
>>> - Desubscribirse  no URL: 
>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621
>>>
>>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
>>  - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
>> - Desubscribirse  no URL: 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=1da5a1d27fd385cab27c6c925e4f492003e6824d&sa=1778897367
>>
>>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
>  - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
> - Desubscribirse  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1118&h=9460569ba2a43234d8203b5cd67b7dc0e3f27061&sa=1876386020
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1127&h=19df294fa3fff9b301d42ce01bee32af5aa8ab5f&sa=362587035

Responderlle a