Envío frases, espero non repetirme. 1. Non cho podo dicir máis veces
2. Estou farta a máis non poder 3. Desta si que non pasa, de mañá non pasa 4. Heino de conseguir! 5. Cada vez que o penso... 6. Dime ti o que debo facer 7. Sei que non foi boa idea 8. Seino, equivocámonos 9. Cando poida, envíocho 10. Estou ben contenta co resultado 11. Non o perdas de vista 12. Cando baixes, leva contigo o libro 13. Setenta veces tiven que repetirllo 14. Non paramos en todo o día 15. Mañá vou ir a Pontevedra 16. Case coincidimos no taxi 17. Quedoume cara de parva 18. Cóntamo, estou coa orella posta 19. Onte pasei o día aloulada 20. Leveino ata a estación de autobuses 21. Chegou no barco das doce 22. Estaba o mar picado 23. Choveu a deus dar 24. Cando saia un día bo, podiamos ir ao monte 25. Estábache bo o conto! 26. Cando te lembres, dimo 27. Estou por ir eu 28. Practicamente non choveu en toda a noite 29. Por min que chova 30. El tamén era un bo peixe 31. Perdémolo todo 32. Sentino moito 33. Que se lle vai facer! 34. Contigo, a onde queiras, vou 35. Creo que é boa persoa 36. Ten conta, non te fíes! 37. Sempre mo pregunto, non estou certa 38. Claro que o sei 39. Hai que avisarlle antes de que vaia 40. Cómprame medio quilo 41. Cunha ducia de ovos, chega 42. Que che podo dicir eu 43. Xuntei unha presa e continuei andando 44. Alí a vexetación estaba ben vizosa 45. Coñecíaa, mais non me lembraba de que 46. Estou farta de escoitar sempre o mesmo 47. A chorar a Cangas 48. Está ben, vale, de acordo, non mo repitas máis 49. Foi unha sorte atopármonos 50. O mes que vén creo que poderemos facelo - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7398&h=1bd452cee8c1554bdcd26b848bee02b9102ffc2f&sa=1881395257