Bo día, Escribín cincuenta frases por se vos valían para o proxecto: 1. Dime o que queiras
2. Non son a única 3. Xa sabes o que che dixen 4. Imos ou non ao cine 5. Despois da catro, antes non 6. Sei o que me dixeches 7. Érache bo o conto 8. Se non mo dis, que lle vou facer 9. Claro que o sei 10. Rápido, antes de que caias da cama 11. Non sei se é boa idea 12. Non me rompas a cabeciña! 13. Ás catro ao máis tardar 14. Cando espertes, chámame 15. Mañá heicho de dicir 16. Corre, que vas perder o autobús 17. Meu curmán tamén foi a ese instituto 18. Cando mo dixeches, non mo podía crer 19. Vaia paspán está feito 20. Deicho porque quixen, non por facerche un favor 21. Despois das nove, non o esquezas 22. Ese día, caeume a alma aos pés 23. Cinco días ao máis tardar 24. Deume a risa, non o puiden evitar 25. Por entón, era un pouco tímida 26. Non saíu do armario ata ir á universidade 27. Falaba galego só na casa 28. Despois daquela, non quixo falar máis do asunto 29. Acertaches, é talmente así 30. Non me cantes as corenta en verso 31. Chámame se queres, hei de estar na casa toda a tarde 32. O seu irmán non sabía nada de nós 33. Mantivo o tipo todo o que puido 34. Non abriu en todo o día 35. Tampouco fixo tanto frío 36. Non sei de que te queixas 37. Non foi boa idea 38. Máis vale que saiamos xa ou imos coller o comercio pechado 39. Canto rin ese día, non podía parar de rir 40. Para chorar hai tempo, non imos laiarnos máis por hoxe 41. Claro que cho dixen, moitas veces 42. Si que me lembro, foi un flash para min 43. Estiven a punto de romper os dentes, menos mal que me agarrei á varanda 44. Cinco días ao ano, nada máis nin nada menos 45. O día do teu aniversario podiamos ir á praia pola tarde 46. Non podía máis coa risa 47. Era verán, si que era verán 48. Estou contenta de escoitarte, había tempo que non sabía de ti 49. Si que te estou esperando 50. Cando queiras, aquí estou. - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7305&h=6536ea37476488c2a904bddea3483aa09b18a636&sa=211968163
