Subject: Common Voice. Borrar a anterior
To: <[email protected]>

Bo día,
Escribín cincuenta frases por se vos valían para o proxecto:

1.       Dime o que queiras

2.       Non son a única!

3.       Xa sabes o que che dixen

4.       Imos ou non ao cine?

5.       Despois da catro, antes non

6.       Sei o que me dixeches

7.       Érache bo o conto!

8.       Se non mo dis, que lle vou facer...

9.       Claro que o sei!

10.   Rápido, antes de que caias da cama!

11.   Non sei se é boa idea

12.   Non me rompas a cabeciña!

13.   Ás catro ao máis tardar

14.   Cando espertes, chámame

15.   Mañá heicho de dicir

16.   Corre, que vas perder o autobús

17.   Meu curmán tamén foi a ese instituto

18.   Cando mo dixeches, non mo podía crer

19.   Vaia paspán está feito

20.   Deicho porque quixen, non por facerche un favor

21.   Despois das nove, non o esquezas

22.   Ese día, caeume a alma aos pés

23.   Cinco días ao máis tardar

24.   Deume a risa, non o puiden evitar

25.   Por entón, era un pouco tímida

26.   Non saíu do armario ata ir á universidade

27.   Falaba galego só na casa

28.   Despois daquela, non quixo falar máis do asunto

29.   Acertaches, é talmente así

30.   Non me cantes as corenta en verso

31.   Chámame se queres, hei de estar na casa toda a tarde

32.   O seu irmán non sabía nada de nós

33.   Mantivo o tipo todo o que puido

34.   Non abriu en todo o día

35.   Tampouco fixo tanto frío

36.   Non sei de que te queixas

37.   Non foi boa idea

38.   Máis vale que saiamos xa ou imos coller o comercio pechado

39.   Canto rin ese día, non podía parar de rir

40.   Para chorar hai tempo, non imos laiarnos máis por hoxe

41.   Claro que cho dixen, moitas veces

42.   Si que me lembro, foi un flash para min

43.   Estiven a punto de romper os dentes, menos mal que me agarrei á
varanda

44.   Cinco días ao ano, nada máis nin nada menos

45.   O día do teu aniversario podiamos ir á praia pola tarde

46.   Non podía máis coa risa

47.   Era verán, si que era verán

48.   Estou contenta de escoitarte, había tempo que non sabía de ti

49.   Si que te estou esperando

50.   Cando queiras, aquí estou.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7306&h=9223c9aa38066de958214a1e704d61a2422e748c&sa=131910183

Responderlle a