procesado

O mér., 24 de feb. de 2021 ás 10:28, Begoña C
(<dameunhaco...@gmail.com>) escribiu:
>
> Envío frases, espero non repetirme.
>
> 1.       Non cho podo dicir máis veces
>
> 2.       Estou farta a máis non poder
>
> 3.       Desta si que non pasa, de mañá non pasa
>
> 4.     Heino de conseguir!
>
> 5.       Cada vez que o penso...
>
> 6.       Dime ti o que debo facer
>
> 7.       Sei que non foi boa idea
>
> 8.       Seino, equivocámonos
>
> 9.       Cando poida, envíocho
>
> 10.   Estou ben contenta co resultado
>
> 11.   Non o perdas de vista
>
> 12.   Cando baixes, leva contigo o libro
>
> 13.   Setenta veces tiven que repetirllo
>
> 14.   Non paramos en todo o día
>
> 15.   Mañá vou ir a Pontevedra
>
> 16.   Case coincidimos no taxi
>
> 17.   Quedoume cara de parva
>
> 18.   Cóntamo, estou coa orella posta
>
> 19.   Onte pasei o día aloulada
>
> 20.   Leveino ata a estación de autobuses
>
> 21.   Chegou no barco das doce
>
> 22.   Estaba o mar picado
>
> 23.   Choveu a deus dar
>
> 24.   Cando saia un día bo, podiamos ir ao monte
>
> 25.   Estábache bo o conto!
>
> 26.   Cando te lembres, dimo
>
> 27.   Estou por ir eu
>
> 28.   Practicamente non choveu en toda a noite
>
> 29.   Por min que chova
>
> 30.   El tamén era un bo peixe
>
> 31.   Perdémolo todo
>
> 32.   Sentino moito
>
> 33.   Que se lle vai facer!
>
> 34.   Contigo, a onde queiras, vou
>
> 35.   Creo que é boa persoa
>
> 36.   Ten conta, non te fíes!
>
> 37.   Sempre mo pregunto, non estou certa
>
> 38.   Claro que o sei
>
> 39.   Hai que avisarlle antes de que vaia
>
> 40.   Cómprame medio quilo
>
> 41.   Cunha ducia de ovos, chega
>
> 42.   Que che podo dicir eu
>
> 43.   Xuntei unha presa e continuei andando
>
> 44.   Alí a vexetación estaba ben vizosa
>
> 45.   Coñecíaa, mais non me lembraba de que
>
> 46.   Estou farta de escoitar sempre o mesmo
>
> 47.   A chorar a Cangas
>
> 48.   Está ben, vale, de acordo, non mo repitas máis
>
> 49.   Foi unha sorte atopármonos
>
> 50.   O mes que vén creo que poderemos facelo
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7398&h=ca33405d752661da6259ff61e135a72483573473&sa=1311915345

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7400&h=4b0c7e40b5c10a17fd55ba2b3f7b9c6bf8577db2&sa=1768724042

Responderlle a