2010/7/20 Anxo Outeiral Vidal <[email protected]>:
>
>
> 2010/7/20 Miguel Branco <[email protected]>
>>
>> A normativa permítea, inda que "prefire" as segundas. Por consistencia
>> entre todos nós, sería ben usar as segundas.
>
> Manda carallo! Estes non se aclaran!
Un exemplo simple: ti ponte no caso de que fosemos tradutores ao
castelán. A normativa admite "almóndiga" e "albóndiga", e recomenda
"albóndiga". E nós, que somos os tradutores de software libre ao
castelán, decidimos entre todos que, xa que é o recomendado
("preferido"), imos usar sempre "albóndiga". Pois no tema dos artigos
a nós pásachenos pouco máis ou menos o mesmo.
* Vale, non é o mellor exemplo, porque xa na actualidade, no buscón da
RAE aparece o seguinte:
Artículo enmendado.
Avance de la vigésima tercera edición
almóndiga.
1. f. desus. albóndiga. U. c. vulg.
Pero vaia, ata fai pouco, "almóndiga" era simplemente unha ligazón a
"albóndiga".
PS: Batallita: No instituto, o profesor de galego díxonos máis ou menos así:
- Podedes usar a segunda forma do artigo, ou non usala. Se a usades e
a poñedes mal (poñer guións cando era pronome, ou así; nota do
escribán), quita puntos.
Eu pensei... pois vai usar a segunda forma María Santísima. E o
paisano do lado, que era aínda máis mangante ca min, sorprendeume
cunha frase tal que así:
- Pois... eu vouna usar, que se non non a aprendo, e todo o aprendido é bo.
E... ese é o único recordo que teño acerca das clases de galego
relativas a este asunto... Fin da batallita. Bastante parva, agora que
a vexo escrita...
>>
>> 2010/7/20 Anxo Outeiral Vidal <[email protected]>
>>>
>>> E que dende a normativa do 2003 fixeron modificacións coma as seguintes:
>>>
[...]
--
Saúde,
Chaves - http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto