> En realidade sería: > > "use esta opción para forza-lo servidor a mostrar tódo-los ficheiros"
"use esta opción para forza-lo servidor a mostrar TÓDOLOS ficheiros" > "use esta opción para forzalo" (cando é pronome, vai sen o guión. Ou > creo recordar que era así...) > > Penso que tanto isto como o de a+o = ó segue sendo válido, pero non > son as formas preferidas (ou algo así). En efecto. Eu tiña a idea de que se separaba a pronuncia da escrita, quero dicir, que se ben se prefire agora «ao», «todos os» ou «forzar o servidor», á hora de ler segue léndose «ó», «tódolos» e «forza-lo servidor». De todos xeitos, esta idea que tan metida teño na cabeza... non estou eu tan seguro de que sexa tal. Antón, podes botar luz sobre isto?
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

