Ola Jorge,

Parabéns polo traballo! 

Polo que comentas aí tamén hai moito que traducir en Debian. Eu estou en
GNOME traducindo o core, documentación e máis cousiñas
(http://l10n.gnome.org/teams/gl). En principio con 20 minutos de
tradución cada día pode levalo unha persoa sen problema. 

Máis temos que artellar algo desde Trasno para conseguir tradutores
"formados", explícome: contactar con algún profesor de universidade e
que poida meter como traballo de clase ou algo polo estilo a tradución
dun aplicativo que nos lle suxerimos.

Coido que isto podería ser unha solución ao escaso índice de
participación continuada da xente. Como dixo Miguel, aquí somos poucos
que estamos dando o callo todos os días, e moita máis xente que colabora
esporadicamente. O interese, pois, é conseguir máis xente sexa
colaborador esporádico ou permanente.

Coido que ti escolliches un lugar idóneo para traballar, aquí
escoitarasme moitísimas veces que hai "que traballar con upstream", a
xente está xa cansada de oírmo. 

Pregunta? De canta cantidade de traballo estás falando en Debian? Cicáis
15.000 cadeas, menos...
Eu en GNOME estou no 100% sempre da interface de usuario. E até o de
agora non había nada traducido da documentación máis agora aproveitando
que en GNOME están redactando nova documentación en Mallard estoulle
dando.

Polo que agora mesmo en GNOME (core e documentación) hai por traducir
unhas 8000 cadeas. Pero ten truco porque son só de documentación, e só
estou contando a que está actualizada e convertida a Mallard. Nos
seguintes meses, e con vistas á versión 3.0, ampliarase
substancialmente.

Saúdos

O Ven, 13-08-2010 ás 11:08 +0200, Jorge Barreiro escribiu:
> On Thursday 12 August 2010 19:11:24 Adrián Chaves Fernández wrote:
> > Alguén ten ou sabe como conseguir unha lista de tradutores de software
> > libre ─Trasno ou non (alguén traduce fóra de Trasno?)─ ACTIVOS (algunha
> > tradución nos últimos tres meses, ocórreseme)?
> >
> > Alguén ten unha estimación en número?
> >
> > Eu digo que nos achegamos aos 15, pero agora teño as miñas dúbidas.
> 
> Boas,
> 
> eu púxenme a traducir o instalador de debian, o cal teño ó 100% agora mesmo. 
> E 
> púxenme a actualizar os planteis debconf, pero a un ritmo moi lento.
> 
> Aproveito para comentar que se alguén máis quere colaborar en isto, aquí hai 
> moito por traducir.
> 
> Saúdos.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a