> Non é coña, ogallá vos cambien a git e logo das primeiras dúbidas por > complicacións iniciais cambiaredes de parecer. Vai ser un salto > incribelmente cualitativo no desenvolvemento.
Siiiiiiiii, tras perder un par de días até adiviñar que ssh está a dar polo cu, terei que complicarme a vida rescribindo os scripts para iniciar, anovar e entregar o traballo: de svn up e svn commit terei que pasar a un maremagnum de git clone, git config non-sei-cantas cousas, git branch, máis git checkout, non-sei-cantos máis git fetch, git push, git pul e git rebases, para finalmente dicir: si, estou rebasado, sigo mañá. Para l10n é excesivamente complicado, caseque tanto como facer un script con wget para coller determinados ficheiros dunha web, e realmente non se poderá aplicar no entanto non se resolva unha cuestión conceptual: as ferramentas de diferenzas están moi orientadas a liñas de texto, mentres que en l10n o conceito básico é o unidade de tradución. Nota: nótouse o ton de sorna no siiiiiiiii ? _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

