Boas: estou até os collóns de git. Pero en fin, tras consultar a documentación de gitorious, git-hub, git scm e vai ti saber o que mais, que xan non lembro todo pero levou como unha semana: por fin fixen a primeira solicitude de incorporación de colaboracións (merge request) en Qt. Co número 2465 pedin que se incorporase o ficheiro qt_gl-es.ts
Só podo engadir unha cousa: virgensita, virgensita, que en kde queden co svn para a l10n ! _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

