2010/10/11 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Ando parvo, non sei nin os recursos que temos
> grazas Adrián!!

Levarei o portatil á xuntanza e teño bastante material sobre
localización, entre videos, transpas e outras caralladas que fun
xuntando. Se hai interese podo pasarvos todo ali.


> 2010/10/11 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> > Alguén ten material introdutorio xa feito? fran ou keko das xornadas na
>> > USC?. Algunha suxestión de aplicativos pequenos para facer ese día?.
>>
>> A introdución de Marce e Leandro que aparece na lista de recursos
>> (http://trasno.net/?q=node/27) estaría ben se vai acompañada de alguén que
>> o
>> explique un pouco en detalle.

En todo caso malo será que non poidamos explicarlle con xeito as
cousas á xente. As transpas que cita Adrián son bastante xeitosas. Non
sei se das xornadas da USC, en todo caso a min interesariame conseguir
todo o que haxa.

Respecto ao das horas, non vexo problema. Estarei ali para explicar e
axudar se fai falta. No referente aos aplicativos, cales non se usaran
nas últimas maratóns/obradoiros de tradución?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a