Ola Fran,

Pódoche dicir que o usan en Fedora e tamén en MeeGo (creo ademais que
Intel está financiando o seu desenvolvemento). O desenvolvedor principal
creou hai pouco tempo unha empresa que ofrece servizos sobre Transifex:
http://www.indifex.com/


On 18/10/10 16:57, Fran Dieguez wrote:

> O meu principal medo e que pechen a posibilidade de uso do git directo e
> me vexa forzado a enviar toooodos os ficheiros (uns 50) ao Transifex, no
> hipotetico caso de que se migre. 

Non sei se che sería suficiente, pero Transifex ofrece un cliente para a
liña de ordes: http://help.transifex.net/user-guide/client.html

> Coido que isto non vai ser asi pero ao
> que vinha esta mensaxe era:
> 
> Que opinades do Transifex? Madurez? Funcions? Vantaxas? Desvantaxas?
> 

Miguel Bouzada estáo usando moito máis intensamente ca min (e creo
recordar que Leandro o usa desde hai ben tempo), así que as súas
opinións son moito máis autorizadas, pero a min estame gustando bastante
xa que permite ter unha interface centralizada para tódolos ficheiros
(independentemente do tipo de repositorio co que se traballe en
"upstream"), bloqueándoos cando alguén está traballando neles. Agora
tamén ten un editor para traducir directamente en liña, e soporta tanto
gettext como Qt.

Un saúdo.
        Felipe.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a