@fran isto é de gnome, ou iso semella, en Ubuntu aparece así
https://translations.launchpad.net/ubuntu/natty/+source/nautilus/+pots/nautilus/gl/524/+translate Venres, Decembro de 3 2010 ás 8:51:40 %a, %-d de %b de %Y ás %-H:%M Supoño que deberá ser algo como: %a, %b de %-d do %Y ás %-H:%M Xa postoa habería que revisar tamén a liña: https://translations.launchpad.net/ubuntu/natty/+source/nautilus/+pots/nautilus/gl/522/+translate encargaste ti ? 2010/12/10 Xosé <[email protected]> > Esta é unha captura de pantalla. Varios comentarios: > > * Debería ser "Conflito entre ficheiros" porque "Conflito de ficheiro" non > indica moito, non si? (supoño un orixinal "File conflict") > > * Debería ser "Xa existe un ficheiro máis novo co mesmo nome" no canto de > "Xa existe o ficheiro máis novo co mesmo nome" > > * A data é incomprensíbel: "Venres, Decembro de 3 2010 ás 8:51:40". Debería > ser "Venres, 3 de decembro de 2010 ás 8:51:40". > > * Debería ser "Substituír por" no canto de "Substituír con", que é un > anglicismo ("Replace with"). > > * Penso que quedaría mellor "Seleccionar un nome distinto para o destino" > que o actual "Seleccionar un novo nome para o destino", pero é cuestión de > estilo. > > * Igualmente, quedaría mellor "Ficheiro existente" que "Ficheiro orixinal" > porque "orixinal" resúltame máis ambiguo, pero é cuestión de estilo. > > Xosé > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

