Boas,

Penso, creo recordar, poida, que fora eu quen montara o pootle.
Realmente non o recordo, pero si que puiden ser eu.

Poñamos que fora eu. No seu momento eu comentáralle a quen me pedira
poñer o pootle que "vale, eu móntoo. Pero nin sequera vou saber, unha
vez rematado de montar, se funciona como debe". De feito, recordo ter
falado claramente, dicindo algo como que eu non tiña NPI de como
funciona pootle, nin demasiadas ganas de aprender. Así que había que
buscar un administrador para o pootle.

Non recordo se finalmente alguén chegara a asumir tal cargo
("administrador do pootle") ou non. Pode que quedara eu co sambenito,
pero non recordo ter exercido nunca. Á parte de que pouco podo eu
exercer, xa que honestamente non teño nin puta idea de como funciona.
Hei de revisar nos contrasinais gardados do meu ordenador (cando
chegue), a ver se son eu ou non.

De todas todas, hai que actualizar o pootle, que xa iremos unhas
cuantas versións atrás. Este rollo foi hai xa un tempo.E hai que mirar
quen se vai facer cargo. Eu voto por Lucía, xa que se ofreceu.

Digo que non recordo se o montei eu porque non sei se alguén me pedira
montalo ou me pedira que lle axudara con non sei que rollo técnico que
tivera. Non o recordo... Eu sonvos así.

E que máis... Calquera dos que teñen acceso ssh ao servidor pode mirar
o password do admin de pootle (no sitio que xa sabedes, ejem).
Pasádella a quen se queira facer cargo. Ou esperade a que poida chegar
ao meu ordenador, e xa verei de pasarlla a quen ma pida.

Creo que nada máis. Xa falaremos, se tal.


2010/12/20 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Que o sysadmin olle o error_log do apache xa que aló é onde poderá ver o
> que realmente acontece.
>
> O máis seguro que sexa algún problema interno do Python.
>
> Saúdos.
>
> O Lun, 20-12-2010 ás 20:33 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
>> 2010/12/20 damufo <d...@dani.gl>:
>> > Hola Lucía:
>> >
>> > Creei un proxecto, engadinlle o galego.
>> > Unha vez que entro no idioma creado da o senguinte erro.
>> >
>> >
>> >   Erro do servidor
>> >
>> > Produciuse un erro. Agradécese a súa paciencia.
>> >
>> > ContentType matching query does not exist.
>>
>> A min tamén me da o erro ese. Se da guerra arranxalo igual sería
>> mellor actualizar á última versión.
>>
>> > Tamén me salta este erro se vou a Administración ->Permisos e en máis
>> > sitios.
>> > Sabes a que pode ser debido? ou a quen lle podo preguntar estas cuestións?
>> >
>> > Miña intención unha vez creado o proxecto é subir os ficheiros a traducir.
>> >
>> >
>> >
>> > En 2010/12/20 16:50, Lucia.Morado escribiu:
>> >>
>> >> Ola:
>> >>
>> >> Levo un tempo traballando con Pootle e incluso din algunha clase sobre o
>> >> seu uso. Se queredes, nisto si que vos podo botar unha man e administrar
>> >> algún proxecto ou axudar aos administradores a poñelos en marcha.
>> >>
>> >> Saúdos,
>> >>
>> >> Lucía
>> >>
>> >> *From:*proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net]
>> >> *On Behalf Of *Miguel Bouzada
>> >> *Sent:* 20 December 2010 12:29
>> >> *To:* proxecto@trasno.net
>> >> *Subject:* Re: pootle
>> >>
>> >> Veño de dar permisos de admin (permite subir ficheiros) a: damufo,
>> >> Gallaecio e solla
>> >>
>> >> 2010/12/20 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com <mailto:mbouz...@gmail.com>>
>> >>
>> >> Imos por partes... hai tempo comentei nun fío que Pootle estaba rulando,
>> >> mais que non estaba totalmente operativo xa que precisabamos que alguén se
>> >> fixera cargo del, administralo, etc...
>> >> Neste momento eu teño permisos (por aquelo do cargo), pero non sei
>> >> desenvolverme nel. No momento en que alguén queira (se comprometa) a
>> >> administralo damos os pasos encamiñados a darlle os permisos precisos.
>> >>
>> >> 2010/12/20 damufo <d...@dani.gl <mailto:d...@dani.gl>>
>> >>
>> >> Grazas Miguel:
>> >> Non o coñecía.
>> >> Xa me din de alta. Preciso permiso para crear un proxecto.
>> >>
>> >> Sabes a quen llo podo solicitar?
>> >>
>> >>
>> >> O que si preciso é permiso para crear proxectos.
>> >>
>> >> En 2010/12/20 09:25, Miguel Bouzada escribiu:
>> >>
>> >> outro máis ? :-)
>> >> http://trasno.net/pootle
>> >>
>> >> 2010/12/20 damufo <d...@dani.gl <mailto:d...@dani.gl> <mailto:d...@dani.gl
>> >> <mailto:d...@dani.gl>>>
>> >>
>> >>
>> >>
>> >>   Boas:
>> >>   Sería posible por un pootle no aloxamento de trasno?
>> >>
>> >>   _______________________________________________
>> >>   Proxecto mailing list
>> >>
>> >> Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>> >> <mailto:Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>>
>> >>
>> >>
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a