2011/1/25 Antón Méixome <[email protected]>: > listener > auditor (observador). Nas linguas latinas asociámolo á > actividade contable pero non ten por qué. > event > actividade, incidencia, acción. Isto xa o temos tratado. > > event listener > auditor de actividade (no ámbito da informática, > forma parte dun «observer pattern», patrón de observación ou patrón de > observador/observábel: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern) > > A diferenza entre observador e auditor, non a teño moi clara. Entendo > que se lle pode chamar observador polo lugar que ocupa no modelo de > deseño (observa o obxecto) pero cando realiza unha función (por > exemplo notificar) actúa como auditor.
Como ben di Antón isto ten que ver co Patrón observador. Na Wikipedia en inglés se se busca «listener» envíate á páxina do patrón directamente. Non é que teña moi claro este patrón xa que tampouco afundei moito no tema, pero tal como o entendo é así: Hai un obxecto «observado» e obxectos «observadores» (segundo a Wikipedia italiana así é como se lles chama aos «listener») que se rexistran no obxecto observado para que este os notifique cando ocorre o «event» para o que se subscribiron. Polo tanto o obxecto observado garda unha colección de obxectos a notificar para cada un dos «event». Evidentemente o observado pode experimentar diferentes «event» e ter asociados a cada un deles varios dos «listener», e un «listener» poderá estar asociado a varios «event». A menos que entendera mal o patrón, o «listener» só lle di ao obxecto observado que o avise e despois desenténdese do tema ata que o obxecto observado lle chama a atención cando pasa algo, polo que moito non observa a verdade :) En francés e catalán aceptan «receptor», que quizais sexa outra opción. A min váleme «auditor» ou «observador», tanto me ten unha como a outra, pero se hai que escoller diria que «observador» debido a que así se chama o patrón. Outro tema pode ser cando falamos do «listener» nun porto TCP, que igual habería que traducir como «servizo» ou «servidor». Deica > 2011/1/25 Fran Dieguez <[email protected]>: >> Este é un termo bastante bo e difícil á vez. >> >> Escoitadores, coido que todos podemos rexeitala xa que sona fatal. >> >> Eu engadiría que non só son «escoitadores» senón tamén realizan tarefas >> por detrás. Realizan máis ben un seguimento dos eventos fronte a só >> escoitalos. >> >> En canto ao de evento, non se me ocorre agora mesmo ningunha tradución >> mellor. >> >> Saúdos >> >> O Mar, 25-01-2011 ás 08:26 +0100, Miguel Bouzada escribiu: >>> No Event Listeners >>> - description: A message indicating that the selected DOM node has no >>> event listeners. >>> >>> Paused on a \"%{NAME}\" Event Listener. >>> - description: Info message for a script break. >>> >>> Event Listeners >>> - description: A label for the section showing event listeners. >>> >>> Event Listener Breakpoints >>> - description: Event Listeners breakpoints sidebar pane. >>> >>> >>> Ocórreselle a alguén unha alternativa, que sexa comprensíbel para >>> todos, e que non sexa tan desastrosa como «escoitadores» (que non é >>> correcta) ou «oíntes» ?? >>> >>> Por outra parte, temos tendencia a traducir «Event» como «evento», >>> esquecendo que nas falas latinas to ermo «evento» ten unha fonda >>> connotación de non desaxo/agardado, de improvisación, de súpeto, >>> sorprendente, ocasional... e non como un «acontecemento» ou «feito >>> preciso/previsto/desexado/provocado/organizado» >>> >>> >>> ideas? >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> -- >> Fran Diéguez >> Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

