2011/1/25 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2011/1/25 Antón Méixome <[email protected]>: > > listener > auditor (observador). Nas linguas latinas asociámolo á > > actividade contable pero non ten por qué. > > event > actividade, incidencia, acción. Isto xa o temos tratado. > > > > event listener > auditor de actividade (no ámbito da informática, > > forma parte dun «observer pattern», patrón de observación ou patrón de > > observador/observábel: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern) > > > > A diferenza entre observador e auditor, non a teño moi clara. Entendo > > que se lle pode chamar observador polo lugar que ocupa no modelo de > > deseño (observa o obxecto) pero cando realiza unha función (por > > exemplo notificar) actúa como auditor. > > Como ben di Antón isto ten que ver co Patrón observador. Na Wikipedia > en inglés se se busca «listener» envíate á páxina do patrón > directamente. Non é que teña moi claro este patrón xa que tampouco > afundei moito no tema, pero tal como o entendo é así: > > Hai un obxecto «observado» e obxectos «observadores» (segundo a > Wikipedia italiana así é como se lles chama aos «listener») que se > rexistran no obxecto observado para que este os notifique cando ocorre > o «event» para o que se subscribiron. Polo tanto o obxecto observado > garda unha colección de obxectos a notificar para cada un dos «event». > Evidentemente o observado pode experimentar diferentes «event» e ter > asociados a cada un deles varios dos «listener», e un «listener» > poderá estar asociado a varios «event». A menos que entendera mal o > patrón, o «listener» só lle di ao obxecto observado que o avise e > despois desenténdese do tema ata que o obxecto observado lle chama a > atención cando pasa algo, polo que moito non observa a verdade :) > > En francés e catalán aceptan «receptor», que quizais sexa outra > opción. A min váleme «auditor» ou «observador», tanto me ten unha como > a outra, pero se hai que escoller diria que «observador» debido a que > así se chama o patrón. > > Outro tema pode ser cando falamos do «listener» nun porto TCP, que > igual habería que traducir como «servizo» ou «servidor». > > Deica >
Neste caso, o que me ocupa, o "listener" está atento a que se produza un determinado "event" (definible) para deter un "debugging" > > > 2011/1/25 Fran Dieguez <[email protected]>: > >> Este é un termo bastante bo e difícil á vez. > >> > >> Escoitadores, coido que todos podemos rexeitala xa que sona fatal. > >> > >> Eu engadiría que non só son «escoitadores» senón tamén realizan tarefas > >> por detrás. Realizan máis ben un seguimento dos eventos fronte a só > >> escoitalos. > >> > >> En canto ao de evento, non se me ocorre agora mesmo ningunha tradución > >> mellor. > >> > >> Saúdos > >> > >> O Mar, 25-01-2011 ás 08:26 +0100, Miguel Bouzada escribiu: > >>> No Event Listeners > >>> - description: A message indicating that the selected DOM node has no > >>> event listeners. > >>> > >>> Paused on a \"%{NAME}\" Event Listener. > >>> - description: Info message for a script break. > >>> > >>> Event Listeners > >>> - description: A label for the section showing event listeners. > >>> > >>> Event Listener Breakpoints > >>> - description: Event Listeners breakpoints sidebar pane. > >>> > >>> > >>> Ocórreselle a alguén unha alternativa, que sexa comprensíbel para > >>> todos, e que non sexa tan desastrosa como «escoitadores» (que non é > >>> correcta) ou «oíntes» ?? > >>> > >>> Por outra parte, temos tendencia a traducir «Event» como «evento», > >>> esquecendo que nas falas latinas to ermo «evento» ten unha fonda > >>> connotación de non desaxo/agardado, de improvisación, de súpeto, > >>> sorprendente, ocasional... e non como un «acontecemento» ou «feito > >>> preciso/previsto/desexado/provocado/organizado» > >>> > >>> > >>> ideas? > >>> _______________________________________________ > >>> Proxecto mailing list > >>> [email protected] > >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >> > >> -- > >> Fran Diéguez > >> Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME > >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > >> > >> _______________________________________________ > >> Proxecto mailing list > >> [email protected] > >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >> > >> > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > [email protected] > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

