2011/1/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/1/25 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> Entendo que a dúbida só pode estar en como se escribe. Xunto ou
>> separado ou con guión. Simplemente é un prefixo culto pero de uso
>> normal, e non sempre se pode traducir como adxectivo «falso» porque ás
>> veces funciona como adverbio. Respecto da construción con «falso»
>> sería
>>
>> subs+falso/a
>>
>> pero como adverbio sería
>>
>> falsamente+adx.
>>
>> pseudoigualitario, pseudomembrana (VOLG), pseudópodo (VOLG) ... así
>> que non hai dúbida.
>
> Pois a min non me quedou claro.

??
A ver así:

pseudo element > pseudoelemento ou elemento falso (a escoller)
                          *pseudo elemento
                          *pseudo-elemento
                          -falso elemento (desaconsellable)

Entre a construción co prefixo pseudo- e a construción traducida
(elemento falso), optaría pola primeira por varias razóns
- que hai casos ambiguos: pseudoproba (proba deficiente ou non
científica) pode non ser o mesmo que proba falsa (enganosa, maliciosa)
- que estas palabras con prefixos son comprensibles para calquera
persoa con cultura básica (educación obrigatoria)
- que sempre é máis exacto ou máis económico unha palabra que unha
construción (discutible)
- que unhas veces hai que interpretar como "falso" e outras como
"falsamente" e a ordenación na frase é relevante/distintiva
- que unha construción con anteposición enfática "falso elemento" é
unha mestura de anglicismo estrutural e vicio de estilo. Con pseudo
iso non pasa.



>
>> 2011/1/25 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>> Pseudo element
>>>
>>> Pseudo ::%{NAME} element
>>>
>>> en ámbolos dous
>>> -description: A label for pseudo element
>>>
>>> a miña dúbida... «Pseudo», tal cual «pseudo elemento» ou mellor «Falso
>>> elemento / Elemento falso» ??
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a