Teño o pracer de comunicarvos que o meu problema coa chave ssh xa está
solucionado. Volvo ter acceso. Por algunha extraña razón, as dúas últimas
veces que copiaron a miña chave ó ldap, corronpérona.

Aproveito para comentar que se algún trasnego máis se quere unir ó proxecto,
hai traballo pra todos, xDDD.

2011/2/15 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>

>
>
> 2011/2/14 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>
> Como experiencia persoal, concordo con Leandro, o Transifex acáeme moi ben
>> para traballar
>>
>
> Graciñas a todos.
>
> Comunícovos que agora mesmo estamos tendo actividade sobre o tema nas
> listas de Mandriva. Xa mandei a nosa opinión e Leandro tamén anda por aí
> dando tralla (e non é o único), xD.
>
> Agardo que en breves teñamos un Transifex ou algo similar funcionando.
>
>
>>
>> 2011/2/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2011/2/12 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
>>> > Boas.
>>> >
>>> > A fin de semana pasada estiven no Fosdem. Andaba por alí tamén a xente
>>> de
>>> > Mandriva nun stand. Así que, aproveitando, fun presentarme, ensinarlles
>>> o
>>> > noso proxecto (web, wiki, proxectos, etc.), intentar amañar o da miña
>>> chave
>>> > ssh para o svn, etc.
>>> >
>>> > Botei reunido con eles toda a mañá do sábado. Entre as cousas
>>> subliñables
>>> > que falamos/fixemos:
>>> >
>>> > - Cambiar a miña chave ssh no ldap. Non funcionou. Sigo con problemas
>>> de
>>> > acceso, aínda a pesares de ter creado unha chave nova exclusiva para
>>> > Mandriva. A solución que me deron foi preguntar na canle de
>>> #mandriva-cooker
>>> > en freenode. A ver se teño un anaco esta semana e me conecto dende a
>>> FIC,
>>> > que aquí teño o ssh capado e non podería facer probas de acceso.
>>> > - Dixeron que estaban planificando a montaxe dun sistema de traducción
>>> en
>>> > liña e que querían saber as nosas preferencias ó respecto. Eles falaban
>>> de
>>> > Pootle e eu engadín Transifex. De tódolos xeitos, comenteilles que eu
>>> non
>>> > estaba moi posto no tema, e que quería consultalo con todos vós antes
>>> de dar
>>> > unha opinión pechada sobre o tema (ide dando opinións, por favor). Así
>>> que
>>> > me deron os seus enderezos electrónicos (entre eles o xefazo de
>>> Mandriva) e
>>> > quedei de mandarlles un correo coas nosas preferencias. Supoño que
>>> tamén
>>> > abrirei un fío sobre o tema nas listas de i18n de Mandriva.
>>> >
>>> > E iso é todo polo de agora. Mantereivos informados da evolución destes
>>> > temas.
>>>
>>> Pootle ou Transifex son boas opcións. O importante é que o monten ben
>>> e permita enviar as traducións de forma sinxela e que se integran
>>> automaticamente nos repositorios pertinentes. Eu persoalmente prefiro
>>> Transifex, pero a outra xente gustaralle máis o Pootle.
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a