Están moi ben. Sen meterme na polémica tradución vs localización, dous apuntamentos:
Nesta oración: "En total as traducións suman millóns de palabras e centos de miles de cadeas." O termo "cadea" pode non ser coñecido para os non especialistas. Eu diría: "En total as traducións ao galego suman millóns de palabras e centos de miles de cadeas de texto." Ou "En total as traducións do proxecto Trasno suman millóns de palabras." Nesta outra: "Ao traducir mellóranse os coñecementos tanto de galego e de inglés, e tamén se obteñen coñecementos sobre moitos campos de coñecemento e apréndese a usar os programas que se traducen." Creo que se repite moito a palabra "coñecemento", eu diría: "Ao traducir mellóranse os coñecementos tanto de galego e de inglés, e tamén se obteñen coñecementos sobre moitos outros campos ao tempo que se aprende a usar os programas que se traducen." "Ao traducir mellorarás os teus coñecementos tanto de galego como de inglés, tamén obterás experiencia noutros campos do coñecemento ao tempo que aprenderás a usar os programas que traduces." Pasádeo ben ;-) Saúdos, Lucía ________________________________ From: [email protected] [mailto:[email protected]] On Behalf Of Miguel Bouzada Sent: 12 April 2011 15:42 To: [email protected] Subject: Re: Trípticos de trasno Xa que eu non vou colaborar na XGN non vou meter caña... mais, Non CONFUNDAMOS Localizar con traducir... sempre lle damos voltas ao mesmo, resulta que trasno (como tal) non localiza, traduce, e ademais, a xente entende mellor "traducir" que "localizar"... :-D 2011/4/12 Leandro Regueiro <[email protected]> Vai como o carallo. Revisade textos que non sei como irán. Probablemente as cousas non estean aliñadas. Non sei eu se dará tempo para a XGN. A base é un dos trípticos da OSL da UDC que son CCbysa. 2011/4/11 Miguel Branco <[email protected]>: > ehem! non esquenzades esto, que quería mirar de facelos para ter para > Venres. > Texto que se vos ocorra a poñer, tipo: > * que é o proxecto trasno? > * proxectos de localización > * como unirse > *... > > 2011/4/7 Miguel Branco <[email protected]> >> >> Olá, >> Podemos sacar unha tirada de trípticos promocionais de trasno. Alguén se >> anima a facelos?. Se os temos esta semana mellor. >> Se vos parece, ide anotando ideas de que poñer no triptico neste fío. >> Saúdos! > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto -- /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

