Acabo de enviar un correo á lista oficial de OOo.org cunha opinión máis pesimista que a que manifestei a primeira hora da mañá. Seguín entón a recomendación de Italo Vignoli que pedía directamente silencio ata saber se Oracle daba ese paso de colaborar coa TDF que tanto se lle pediu.
Pasaron días desde o venres, esperaba o luns a ver se Oracle desmentía ou matizaba a situación pero o que me encontro ao longo de hoxe é que recollen sen ningún comentario nun blog oficial doutro directivo a posición dun tal Eduard Screven, alto directivo de Oracle. http://blogs.oracle.com/trond/2011/04/openofficeorg_to_become_a_pure.html Tan elocuente como isto é o feito de que a comunicación se faga en foros económicos, financeiros e logo se pase inmediatamente a outros temas. En resumo, como non ven maneira de facer diñeiro con Oracle Open Office, non lles interesa, e como a comunidade non seguiu a súa aposta de reescribir todo a Java FX, que sería a linguaxe privativa do seu proxecto cloud, pois liquidamos o proxecto e os recursos dedicados. Deixalo en mans da comunidade é un brinde ao sol, porque a comunidade xa non está en OOo.org e moito menos despois das presións para botar fóra dos órganos de participación aos representantes, e o código de OOo.org xa empeza a ser moi diferente tras a limpeza que se realiza en LIbO e a refundición dos distintos forks históricos que agora están converxendo de novo en LIbO. Só hai que pensar que LibO xa ten máis de 1000 cadeas de localización máis ca OOo.org Sinto aburrirvos con estes detalles pero paréceme conveniente informar do que sei, así: o futuro de OOo.org pasa polo que non se di antes de por aquilo que si se di. Antón 2011/4/18 Antón Méixome <[email protected]>: > Toda esa noticia non é máis ca unha especulación. > > Na TDF non dixeron nada, máis ben que é necesario esperar e calar ata > que Oracle defina a súa situación. Non parece probable, especulo eu, > que Oracle libere a marca OpenOffice. > > O que si parece confirmarse, pola vía da "desaparación" é a caída do > proxecto baseado nun OOo.org na nube de Oracle (proxecto ofimático > estrela no 2010). Todo indica que Oracle non sabe que facer con este > tipo de software. > > Eu estou atento, obviamente pero o único que hai neste momento son > unhas declaracións dun directivo o pasado venres. Demasiado pouca > cousa. > > Saúdos, > > Antón > > > 2011/4/18 damufo <[email protected]>: >> Boas: >> Alguén sabe algo disto? >> >> http://www.genbeta.com/ofimatica/oracle-deja-openoffice-en-manos-de-la-comunidad >> >> damufo >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

