Eu sigo vendo todo moi no aire. Creo que será mellor agardar a ver
como evoluciona todo algo máis de tempo para ver se realmente o
proxecto morre de todo. E digo isto porque o openoffice é moi
utilizado e non creo que sexa boa idea abandonalo así como así. Por
outra banda como a cousa está moi no aire creo que habería que
centrarse no LibreOffice que parece que tira para adiante
independentemente de Oracle, e ademais non sobra man de obra.

Deica

2011/4/19 damufo <dam...@gmail.com>:
> Grazas Antón!
>
> En 2011/04/19 00:20, Antón Méixome escribiu:
>>
>> Acabo de enviar un correo á lista oficial de OOo.org cunha opinión
>> máis pesimista que a que manifestei a primeira hora da mañá. Seguín
>> entón a recomendación de Italo Vignoli que pedía directamente silencio
>> ata saber se Oracle daba ese paso de colaborar coa TDF que tanto se
>> lle pediu.
>>
>> Pasaron días desde o venres, esperaba o luns a ver se Oracle desmentía
>> ou matizaba a situación pero o que me encontro ao longo de hoxe é que
>> recollen sen ningún comentario nun blog oficial doutro directivo a
>> posición dun tal Eduard Screven, alto directivo de Oracle.
>>
>> http://blogs.oracle.com/trond/2011/04/openofficeorg_to_become_a_pure.html
>>
>> Tan elocuente como isto é o feito de que a comunicación se faga en
>> foros económicos, financeiros e logo se pase inmediatamente a outros
>> temas. En resumo, como non ven maneira de facer diñeiro con Oracle
>> Open Office, non lles interesa, e como a comunidade non seguiu a súa
>> aposta de reescribir todo a Java FX, que sería a linguaxe privativa do
>> seu proxecto cloud, pois liquidamos o proxecto e os recursos
>> dedicados.
>>
>> Deixalo en mans da comunidade é un brinde ao sol, porque a comunidade
>> xa non está en OOo.org e moito menos despois das presións para botar
>> fóra dos órganos de participación aos representantes, e o código de
>> OOo.org xa empeza a ser moi diferente tras a limpeza que se realiza en
>> LIbO e a refundición dos distintos forks históricos que agora están
>> converxendo de novo en LIbO. Só hai que pensar que LibO xa ten máis de
>> 1000 cadeas de localización máis ca OOo.org
>>
>> Sinto aburrirvos con estes detalles pero paréceme conveniente informar
>> do que sei, así: o futuro de OOo.org pasa polo que non se di antes de
>> por aquilo que si se di.
>>
>> Antón
>>
>>
>> 2011/4/18 Antón Méixome<cert...@certima.net>:
>>>
>>> Toda esa noticia non é máis ca unha especulación.
>>>
>>> Na TDF non dixeron nada, máis ben que é necesario esperar e calar ata
>>> que Oracle defina a súa situación. Non parece probable, especulo eu,
>>> que Oracle libere a marca OpenOffice.
>>>
>>> O que si parece confirmarse, pola vía da "desaparación" é a caída do
>>> proxecto baseado nun OOo.org na nube de Oracle (proxecto ofimático
>>> estrela no 2010). Todo indica que Oracle non sabe que facer con este
>>> tipo de software.
>>>
>>> Eu estou atento, obviamente pero o único que hai neste momento son
>>> unhas declaracións dun directivo o pasado venres. Demasiado pouca
>>> cousa.
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>> Antón
>>>
>>>
>>> 2011/4/18 damufo<dam...@gmail.com>:
>>>>
>>>> Boas:
>>>> Alguén sabe algo disto?
>>>>
>>>>
>>>> http://www.genbeta.com/ofimatica/oracle-deja-openoffice-en-manos-de-la-comunidad
>>>>
>>>> damufo
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a