2011/6/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2011/6/4 Lucia.Morado <lucia.mor...@ul.ie>:
>>> Que vos parece? Por suposto cédolle a iniciativa a quen o teña máis a
>>> tiro...Lucía?
>>
>> Que é o que hai que facer exactamente? Traducir? Ou ponerse en contacto con
>> eles para que engadan o galego no instalador?
>
> Entendo eu
>
> - Poñerse en contacto con eles, que nos digan como podemos engadir o
> galego ao instalador, como fan eles, con quen hai que falar
> Entendo que nos van derivar aos mantedores do aplicativo ese. Se pode
> ser... que nos acollan a nosa tradución nese grupo de linguas que eles
> manteñen pois sería ideal
>
>
>> Por certo, en W7 vai ben Virtaal, fixen o “truco” de cambiar o ficheiro
>> virtaal.ini para telo en galego (igual habería que poñer unha nota na wiki
>> de Trasno para indicar como facelo). Se queres que mire algo en particular,
>> dimo. (Teño o W7 en inglés e non podo poñer o LIP de galego).
>
> Ben, ben, non vai. Pero xa non sei se é polo meu LIP. Fai efectos
> estraños nos menús principais e ás veces queda un rato longo en "Non
> responde". En linux (07 beta4 vai perfectamente).
> Sobre poñer as istrucións no wiki. Estaría ben pero eu aposto por
> pedirlles aos de Virtaal que introduzan a opción de idioma nas
> preferencias de interface.

Non lles corre présa: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1492

> Logo hai outros temas, como un guionizador que incorporan outros
> idiomas, o spellchecker integrado mediante enchant ... en fin varias
> cousas. Eu creo que o Virtaal "está en camiño" de ser útil a usuarios
> non frikis pero aínda lle falta.

E logo non funciona o corrector ortográfico en Linux? Eu non podería
aseguralo porque me falla a memoria, pero creo que si o fai.

> Por exemplo fáltalle unha barra de ferramentas visible, estándar,
> porque a interface actual, a forza de ser minimalista, non dá nin
> remota idea do potente que é.

Ponlles un bug pedíndoo.

Respecto dos "placeables" a idea de traducilo como «intraducíbel» non
me convence. Nas últimas versións de Virtaal que probei vin que tiñan
un titorial (sen traducir) no cal explicaba como aprender a usar o
Virtaal; creo que foi alí onde vin que para Virtaal a terminoloxía é o
mesmo que os "placeables", é dicir, usanse os mesmos atallos de
teclado aínda que ben é certo que os resalta (ou resaltaba) con cores
diferentes. Polo tanto a min éntranme dúbidas, aínda que todo isto
pode ser unha imaxinación miña e estar ben traducido.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a