En 2011/06/04 21:18, Antón Méixome escribiu:
2011/6/4 Enrique Estévez Fernández<[email protected]>:Ola. Ao final as cadeas que propuxo chaves quedaron así: <p>Vale, xa o pillou. Non só está recibindo o mellor que a Web pode ofrecer, senón que tamén está axudando a asegurar que permaneza aberta, accesíbel, transparente, segura e - por riba de todo - incríbel. Moi legal, non? Isto é así porque Mozilla Firefox valora os principios máis que os beneficios, e non responde ante ninguén máis ca vostede.</p>máis ca ante vostede -se non se corrixe é unha contstrución que di algo que non ten nada que ver-<p>Ah, e se todo isto lle parece moito, con moito gusto me acerco a instalarllo.me achego
achégome ?
Poderiamos tomar un café, pasar un anaco xuntos e pórnos ao día. Non sería xusto que non compartise Fx4 co resto.</p> <p>Desexándolle unha mellor navegación,</p> En principio non cambiei o de vostede por ti, xa que vou a seguir co estilo, senón tería que revisar máis partes e ao final non queda mal, xa que a carta que propoñen pode ser para enviar a colexios, e amigos, a coñecidos, etc, ... Moitas grazas, chaves. Saúdos. 2011/6/3 Enrique Estévez Fernández<[email protected]>:Boas. Non ten mala pinta. O de vostede non me está soando ben no resto da tradución, pero a ver que fago co asunto. A páxina web en cuestión é esta: https://www-trunk.stage.mozilla.com/en-US/firefox/webhero/ Se premes no botón, que é un sobre dunha carta ao final da páxina que pon compartir por correo, sae unha xanela emerxente na que están ditas cadeas. Aquí pódese ver como queda o que se leva traducido. https://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/webhero/ Aínda está o bug aberto, co que se tedes suxestións para mellorar a tradución, tento aplicalas antes de que o pechen. Isto urxía moito, e os tempos que comuniquei na rolda de mozilla, eran moi axustados e ninguén puido colaborar. Hoxe a mediodía debería estar pechado por parte da xente de Mozilla. Saúdos. 2011/6/3 J.M. Castroagudín<[email protected]>:Am Fri, 3 Jun 2011 00:22:53 +0200 schrieb Enrique Estévez Fernández<[email protected]>:Boas. Como traduciríades isto (está nunha especie de carta que che recomendan que escribas a xente para convencelos de que migren a Firefox 4).Penso que para este caso concreto, vai ser preciso obviar aquel "principio" de "tratar ao usuario de vostede".OK, now you've got it. So you're not only getting the best the Web has to offer, you're also helping make sure that it stays open, accessible, transparent, safe and — most of all — awesome. Pretty cool, right? That's because Mozilla Firefox values principles over profit and answers to no one but you."Vale, xa o pillaches. Non só estás a recibir o mellor que a Web pode ofrecer, senón que tamén estas axudando a asegurar que permaneza aberta, accesíbel, transparente, segura e - por riba de todo - alucinante. Mola, eh? Isto é así porque Mozilla Firefox valora os principios máis que os beneficios, e non responde ante ninguén máis ca ti." Dúbidas: "Molar", "alucinante"... Son palabras que eu non uso ao falar. E, se cadra, cousas coma "caralludo" non ían quedar ben de todo. Ah, e o do principio, "you got it", non sei se realmente se refire a "pillar, entender", ou se xusto antes se fai referencia a algo que teñas, ou ao que acabas de instalar, ou así.Oh, and if all that seems like too much, I'd be happy to come over and install it for you. We could have a coffee, hang out and catch up. It just wouldn't be fair to keep Firefox 4 all to myself."Ah, e se todo isto che parece moito, con moito gusto me acerco a instalarcho. Poderiamos tomar un café, pasar un anaco xuntos e pórnos ao día. Non sería xusto quedarme con Fx4 só para min." O de "catch up", fieime do google translator, pero non podo poñer a man no lume...Yours in better browsing,Eu isto poríao máis ao noso estilo, algo como "sinceramente teu, e desexándoche unha mellor navegación,", ou algo así. Ou só o de "desexándoche..."Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto-- Saúde, J. M. Castroagudín (jchaves) http://chav.es _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

