Grazas Antón!
Ultimamente tanto escoitar e mesmo ler xente que constrúe en castelán
(con termos en galego) xa me comeza a custar diferenciar a forma correcta.
En 2011/06/08 12:17, Antón Méixome escribiu:
2011/6/8 damufo<[email protected]>
<p>Ah, e se todo isto lle parece moito, con moito gusto me acerco
a instalarllo.
me achego
achégome ?
A colocación do pronome é complexa.
Salvando casos moi concretos, non se pode reducir o tema a
Correcto/Incorrecto.
Por exemplo:
Me cago en tal !
Te amo!
Esa frases son correctas, o pronome vai antes para reforzar o carácter
enfático.
Así que
Frase recta (condicional)
Se isto lle parece moito, achégome con moito gusto
Frases adornadas mediante colocación de elementos non recta.
Achégome (con moito gusto), se isto lle parece moito
Con moito gusto me achego, se isto lle parece moito
Se isto lle parece moito, con moito gusto me achego
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto