Ola a tod@s, Fago un pequeno resumo nos proxectos que conhezo para ver o seu estado e para o que se queira animar onde colaborar.
- En GNOME estamos buscando xente para completar o GIMP (unhas 1000 cadeas) e así completar a experiencia de usuario en Galego do GNOME. [1] Ultimamente (a falta da documentación) estamos traballando arreo para ter todo traducido (e acadar o ansiado 100% de tradución en tódolos módulos). Convídovos a pasar pola páxina do grupo Galego de tradución do GNOME [2] para ollar os progresos e colaborar se o vedes oportuno. - Ademáis en Transifex hai dous proxectos con falta de carinho (traducións mediante) Shotwell [3] e un moi doado para os que son novatos no tema da tradución: share-mime-info [4] - Non sei cal é o tradutor que levaba o checkbox en Launchpad pero tamén precisa de completar a tradución (eu estiven traducindo algo pero agora co lanzamento de GNOME á volta da esquina non podo completar máis. [5] - En Launchpad, POLO MOMENTO, non hai moito máis que traducir xa que a maioría dos ficheiros pertencen a GNOME e que xa tenho completado na súa orixe. Porén pregaría a quen estea máis por Launchpad que revise para completar as novas cadeas exclusivas de Ubuntu que vaian aparecendo. Xa me diredes se alguén se anima a todo este traballo. [1] http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-gimp/ui/ [2] http://l10n.gnome.org/teams/gl/ [3] https://www.transifex.net/projects/p/shotwell/resource/shotwell-core/l/gl/ [4] https://www.transifex.net/projects/p/shared-mime-info/r/all-resources/l/gl/ [5] https://translations.launchpad.net/ubuntu/oneiric/+source/checkbox/+pots/checkbox/gl/+translate -- Fran Dieguez Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member l10n.gnome.org/teams/gl - [email protected] _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

