Ola a todos, en primeiro lugar preséntome, son Tomás, estudante de enxeñería informática, e estou a desenvolver (como traballo de fin de carreira) para OSL, unha aplicación web que servirá como servidor centralizado de traducións; supoño que algúns xa coñeceredes o tema, pero para quen non teña coñecemento; a aplicación, de forma moi resumida, permitirá subir arquivos TMX ó servidor, almacenárase o contido de ditos arquivos e posteriormente poderase utilizar un buscador que emitirá resultados segundo a búsqueda realizada.
Levo traballando algún tempo no proxecto baixo a coordinación e axuda de Fran Diéguez; estiven sobre todo adaptándome á tecnoloxía escollida para levalo a cabo (Zend Framework), pero entre as clases antes e agora o traballo, o proxecto aínda está, poderíase dicir que, botando a andar. De agora en adiante penso centrarme moito mais nel e por iso gustaríame pedirvos a vosa colaboración, non só me refiro a probalo a ver se funciona, senón como vos gustaría que fose, que credes que lle falta, que cousas vedes que son útiles e cales non, é dicir, como queredes que sexa, xa que a fin de contas está pensada para vós :) Ata agora teño feita o que sería unha versión base (que seguramente conteña algún erro, xa aviso xD) que poderedes atopar en gitHub, o meu usuario en gitHub é "tomasVega" e o proxecto chámase "proyectoOSL". Estou pendente de falar con Fran para montala no servidor e que teñades acceso directo (que é moito mais cómodo), en calqueira caso, se lle botades unha ollada non teñades en conta o estilo da páxina (que é simplemente para dar formato). Aínda que no montedes a aplicación, todas aquelas ideas ou suxerencias que teñades respecto á mesma (tanto funcionalidades como suxerencias sobre o estilo da páxina, etc) serán benvidas e tratarei de implementalas na medida do posible. Por último, dicirvos que estou na procura dun nome para App, pensei nalgún coma "Trobador" pero non me convencen, e gustaríame, se vos parece, compartir esta tarefa con vos, xa que seguramente poderades achegar un nome máis adecuado do que o poida facer eu xD E iso é todo, perdoade polo tostón de email e desculpade o meu galego, no adoito a usalo a nivel escrito, as correcións ortográficas tamén son benvidas. Saúdos.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

