Boas.

Xa recibín algunha correción para a tradución na rolda de galician.mozdev.

Como informei alí, retrasase o lanzamento ata o Monday. Gañamos algo
de tempo pra revisar e traducir a páxina que falta.

Saúdos.

2011/10/5 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Boas.
>
> Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da FAQ.
>
> En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
> Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
> seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
> que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.
>
> Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
> tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
> en inglés e a continuación en galego.
>
> Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:
>
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/
>
> Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
> Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
> e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.
>
> O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
> repositorios.
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
> A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
> cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
> ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
> partir de cero. Así será máis fácil mantelo.
>
> Parece que hoxe volveu a traballar a rolda de galician.mozdev.
> Reenviarei o correo alí.
>
> Saúdos.
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a