Penso que xa lle podes dar outra pasadiña.

> A que te refires de validadores por ambiente?

A meter nas seccións "valid" das regras a subdirectiva "env", ao estilo
«
{\bdetach}i
id="noPT-2011_detach"
valid msgstr="\bdes(conect|prend)."
valid msgstr="\bdesacopl" env="gnome"
hint="«detach» tradúcese como «desconectar», «desprender»"
»

isto fará que non se avise de fallo se no msgid se atopa a secuencia:
detach despois dun límite de palabra e no msgstr aparece ou desconect
antecedido por un límite de palabra ou desprend antecedido por un
límite de palabra ou (ei-la chicha) desacopl antecedido por un límite
de palabra se o ficheiro declara que está afectado polo ambiente
"gnome".

Esta declaración faise mediante a inclusión na cabeceira dunha liña así:
"X-Environment: kde,bittorrent\n"
(vaaale, debería ser só gnome)
Isto faicho, se queres, o pology, como expliquei noutro correo á lista (creo).

A cousa é que como algunha das cousas que dis non segue estritamente
as trasnadas, ou máis simple, non o quero así en kde (tranquilos, non
toco os ficheiros de outras persoas), puxen bastantes cousas desas.

A maiores, as cousas o ficheiro gnome.rules (no trunk), leva a
directiva "environment gnome", que fai que só se apliquen a ficheiro
con tal ambiente declarado na cabeceira.

Se non queres/podes sobar as cabeceiras dos ficheiros, quita a liña
"environment" do ficheiro gnome.rules e s/env="gnome"// de
terminology.rules e controledlang.rules
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a